| A CISL'08 será o escenario para a entrega dos Premios Focus ao Coñecemento Libre |
|
|
|
| escrito por Irene Touriño o Martes, 16 de Setembro do 2008 | |
|
Mancomún está a coordinar a participación da delegación galega na Conferencia Internacional de Software Libre 2008 a través do wiki
Para o mesmo disporanse dúas fases. Na primera fase, os interesados en participar proporán nomes de candidatos para as diferentes categorías e os motivos que fundamentan a proposta. O prazo desta primeira fase remata o día 22 de setembro inclusive. Haberá unha segunda fase, até o 8 de outubro, onde se votará aos finalistas seleccionados da primera fase de cada unha das categorías. Se queres colaborar, non deixes de achegar a túa opinión e candidatos, e así os resultados terán un maior apoio/recoñecemento. A comunidade galega no CISL Nesta quinta edición do evento, a comunidade galega de Software Libre participará do encontro adquirindo un maior protagonismo. Dado o recoñecemento e as expectativas que está a espertar Mancomún en Europa, a Dirección Xeral de Promoción Industrial e da Sociedade da Información promoverá a través do Centro de Referencia e Servizos de Software Libre de Galiza (Mancomún) a coordinación dunha delegación galega. As persoas interesadas en participar deberán poñerse en contacto co persoal de Mancomún antes do 19 de setembro. Artigos relacionados
|







Iniciativa Focus








