| "Suse é unha solución empresarial, un produto certificado, soportado e mantido" |
|
|
|
| escrito por mancomun.org o Luns, 06 de Novembro do 2006 | |
|
Mancomun.org puido falar con Pere Martínez, Partner Sales Manager de Novell , durante as pasadas Xornadas de Software Libre de Eganet. Novell ten entre outros produtos baseados en Software Libre a distribución Suse ou a solución para o sistema educativo catalán Linkat e é un caso significativo de grande empresa que aposta polo OpenSource.
Agora mesmo Novell está de actualidade en Cataluña porque desenvolvestes o Linkat, un produto de Software Libre para o sector educativo. Como foi a experiencia? Nesta experiencia aplicamos o concepto de ecosistema de suma de valores. Collimos varias empresas, cada unha achegou o que mellor sabe facer en cada parte. Isto fixo que sexa un produto moi competitivo, moi estable, permite e permitirá un antes e un despois nas solucións educativas en toda España porque conseguimos que fose fácil de instalar, amigable, usable e que cada un achegue o seu valor. Os da Consellería de Educación achegaron o que saben sobre educación e as empresas tecnolóxicas a tecnoloxía necesaria para que isto funcione. É o sector educativo o camiño máis doado para introducir o Software Libre na administración? Diría que o primeiro no que hai que entrar pero a idea xa se está a estender a outras consellerías con precaución porque sempre o cambio é complicado. Pero si, a Generalitat de Catalunya ten coma obxectivo igual que todos os gobernos estendelo por exemplo á administración local e crear unha folla de ruta de implantación de Software Libre en diferentes partes da administración. En Galicia está a administración dando pasos rápidos ou lentos na implantación do Software Libre comparado con outras comunidades? Estaba vendo un estudio precisamente onte que dicía que era a quinta ou a sexta comunidade autónoma en empresas de Linux do Estado Español. Estades ben situados. Tendes xente con coñecementos, tendes unha base sólida e coas ideas moi claras. Non queredes inventar a roda senón ver, observar, copiar e, se cabe, mellorar. Eu creo que esta é a mellor orientación, non só no plano tecnolóxico, senón económico ou de negocio. Nese sentido están universidade, goberno e empresas polo que auguro que imos facer achegas coma Novell en poucos pasos. O que en moitos sitios se tivo que inventar e probar a ver se funciona aquí xa o podemos saltar e ir ao que xa funciona. Que ofrece Suse que non ofrecen outras distribucións? Suse ofrece coma vantaxe a outras distribucións unha solución empresarial. Está certificada, soportada e mantida. Hai unha folla de ruta do produto moi definido polo que calquera empresa que aposte por esta tecnoloxía ten claro que haberá unha nova actualización, con datas concretas e certificado, mantido e soportado non só por nós senón tamén polos maiores fabricantes de software. Ademais hai diferentes modalidades de subscrición con soporte incluído, se queres 24x7, se queres resposta 8x5... É ademais multiplataforma e ademais todo o código do produto, desde o escritorio ao servidor é multiplataforma, polo que podes dar resposta a calquera reto tecnolóxico en calquera plataforma. Cales son os próximos retos de Novell? O máis inmediato é o escritorio. Nós apostamos moi forte por el, queremos competir directamente con Microsoft e é unha realidade. O XGL que sacamos tan usable e amigable coa interacción total co usuario permítenos sacar unha alternativa ao que Microsoft vai sacar con Vista. Artigos relacionados |






















