| Manuel Regal: "O programa no que empezas a formarte gaña a batalla da educación" |
|
|
|
| escrito por mancomun.org o Luns, 10 de Decembro do 2007 | |
|
Estas iniciativas levaron a que o IES Xulián Magariños fose un dos centros que gañaron este ano o premio de centro TIC convocado pola Consellería de Educación, sendo unha das pezas fundamentais do proxecto a utilización do Software Libre. Mancomun.org falou con Manuel Regal sobre o traballo que está a levar a cabo no centro el e o equipo do departamento de informática do Xulián de Magariños.
Como xurdiu a idea do Magasi CD? Tratamos de meter a maior cantidade de programas e con uso na educación: OpenOfficce.org, Scribus, Firefox, Gimp, InkScape pensando en aplicacións que puidesen ser empregadas na clase ou no traballo polos alumnos e profesores incluíndo unha sección con información do IES Xulián de Magariños e dos dous ciclos formativos que se imparten no centro (Administración de Sistemas Informáticos e Comercio), con ligazóns a institucións educativas e outra sección de ligazóns que tiveran que ver co Software Libre (asociacións de tradución de Software Libre, webs con distros....). Basicamente así era a primeira versión do Magasi.
De que maneira o destes a coñecer? Este ano tocaba outra versión para as Letras Galegas, coa mesma filosofía de recompilar Software Libre para Windows, e coa novidade da Sección do Software Educativo: software de aplicación directa nas clases por exemplo para explicar gráficas matemáticas, para traballar as conxugacións verbais, programas de simulación de circuítos eléctricos, programas de asistencia remota para o profesor... Ademais incluíronse máis programas ofimáticos como StickyNotes, para facer posits e incorporáronse novas ligazóns e unha sección de cultura e lingua galega. A novidade quizais máis importante é que se incluíu unha distribución de Linux pensada para equipos obsoletos, o Puppy Linux ou DSLinux, e que pode arrincar como unha Live CD, dispón de contorno gráfico e ocupa 50 ou 75 megas. Só necesitas uns 32 megas de RAM e cabe perfectamente nun CD.
Cales foron os avances máis notorios da segunda edición do Magasi DVD? Este curso na materia de informática de ESO, o profesor Jorge Porta, repartirá o Magasi DVD e o usará para ensinar Linux e achegar aos rapaces un pouco máis ao software libre. Aproveitando o modo live, se o alumnado non se atreve a instalalo pode usalo na casa sen medo a perder a información que tiña ou deixar o equipo inoperativo.
![]()
Manuel Regal no IES Xulián de Magariños
Software Libre e ensino non universitario Cres que a formación en Software Libre é suficiente nos ciclos? O Software Libre ten as súas cousas boas pero os rapaces teñen que ter unha formación completa. Quizais o segredo está en que ao mesmo tempo que se lle ensina o que está máis implantado se lle ensinen as alternativas, en moitos casos mellores, e que ao momento de elixir poidan escoller o que máis se adapte ás súas necesidades. Recentemente na miña materia montáronse Firewalls. Hainos de pago, aplicacións que nós non podemos asumir polo seu custo, pero existen alternativas libres similares en Software Libre ás das grandes compañías de seguridade. Os rapaces aprenden os conceptos e despois ¿cal é o mellor? Iso será unha decisión que tomen na empresa en base ao que precisen.
É o profesorado de ciclos de informática proclive a estes cambios? No departamento de informática do voso centro tedes unha iniciativa para dar formación continua aos vosos antigos alumnos e fomentar a comunidade Tamén pode estar orientada ao alumnado de bacharelato cara cousas como retoque fotográfico ou xestión de blogues a través de Gimp ou Wordpress que non pretende substituír á materia da ESO de informática senón que serve para que descubran alternativas.
Pagades licenzas de software no IES Xulián de Magariños? Está claro que se non hai alternativa a estes programas debería ser a Consellería ou outra institución educativa quen se fixese cargo do pago desa licenza ou que se empregue un software gratuíto como mínimo semellante ao de pago e o rapaz pode levalo a casa.
Dentro do propio centro tedes implantado o Software Libre? Os programas que se están a instalar son Software Libre ou, en todo caso gratuítos como o Google Earth. O emprego do Linux de arrinque dual é moi escaso, non pola calidade de Suse senón porque están afeitos ao contorno Windows e non sabe manexarse. Como anécdota o director do centro nunha experiencia de colaboración cun centro de Alemaña veu que os rapaces alemáns usaban o Suse nos computadores e que os comentarios dos profesores dicían que ía moi ben para usalo. Nos ciclos formativos non temos arrinque dual porque nalgunhas materias usamos Windows e noutras Linux así que empregamos discos duros extraíbles ou máquinas virtuais. O uso de máquinas virtuais está moi ben, e permiten facer prácticas moi interesante, pero no mundo real as máquinas teñen problemas de hardware e de aí os discos extraíbles. Este ano estase a usar Suse, Mandriva e Free BSD para servidores. Estamos a probar Ubuntu pero a elección entre Ubuntu, OpenSuse ou Free BSD é máis gusto persoal ca outra cousas.
Empregades algunha aplicación propietaria dentro do ciclo de informática? I.E.S. Xulián de Magariños
A través da web do centro e da súa aula virtual ofrecedes unha serie de servizos a toda a comunidade educativa cóntanos como empezou esta iniciativa Pouco tempo despois, a profesora Mónica García e o profesor de física e química, Jorge Porta, montaron a Aula Virtual usando a plataforma Moodle. A aula virtual do centro emprégase para varias cousas diferentes, sobre todo, emprégase como complemento ás clases presenciais. Por exemplo tema un, falamos de tal tema, pois no Moodle subimos ligazóns, xogos, vídeos, apuntamentos...
Aula de informática do I.E.S. Xulián de Magariños Que máis usos ten esta aula virtual Este ano desenvolveuse tamén un repositorio de ligazóns por seccións relacionados con cada materia sexan ciencias ou humanidades. Así o profesorado pode ir compartindo coñecemento. Cales son as vantaxes dunha plataforma de teleformación sobre outras alternativas? Unha vez que sabe o profesor usar unha plataforma web de teleformación coa que pode facer cuestionarios, marcar tarefas, diario de seguimento de prácticas, o seguinte paso sería que empezase a empregar un xestor de contidos para a web do departamento ou do centro porque son ferramentas similares. A min o Moodle paréceme revolucionario no sentido en que por parte das consellerías investindo cartos en material podes proporcionar ao profesorado un curso modelo; por exemplo, ti es profesor de historia de tal curso, pois tes nese repositorio estes materiais, ti despois o subes ao Moodle do teu instituto e a partir de aí seleccionas e personalizas facendo un curso máis completo.
Que outras iniciativas tedes en marcha no centro? E na web como novidade fixéronse entrevistas na radio, graváronse as entrevistas pero eran 20 ou 30 megas, algo descomunal para colgar aínda que moi interesante. A solución foi facer un podcast con servidores gratuítos e ademais das entrevistas hai cancións dos alumnos e outros contidos, unha especie de mini Youtube. Unha iniciativa que teño en mente é a de organizar algún tipo de xornada ou minitalleres sobre Software Libre, que despois da experiencia que vivín como ponente invitado no IES Lois Peña Novo de Vilalba, creo que é moi interesante. Máis que interesante creo que podería ser a elaboración dunha revista/boletín sobre Software Libre, onde os redactores fosen rapaces do ciclo de ASI (ou doutros niveis se se animan). Hai que pensar como facelo e a ver como vai a cousa.
No IES estades a levar a cabo unha importante renovación tecnolóxica Por suposto, os orzamentos son moi limitados e derivar cartos para este tipo de investimentos é un esforzo moi grande para o centro, o que supón que non o podemos facer tan rapidamente como desexamos e de momento logramos ter un equipo por departamento, un aula con equipos novos que enviou a xunta e outra con 'cascallos' tecnolóxicos. Como organizades esta renovación A primeira fase é esa: que os profesores conten con computadores. Neste primeiro trimestre do ano a idea é estender os servizos do departamento de informática a todo o centro. Por exemplo a saída a internet dos alumnos da ESO é directa, nós entendemos que non debe ser así, o profesor debe ser capaz de controlar que ve o rapaz, cando o ve e como. Utilizando un proxy o profesor pode determinar que teña acceso libre, pero con rexistro vendo que estabas na Wikipedia buscando información para un traballo e non lendo o Marca. Tamén se pode restrinxir para que só uses a Wikipedia ou cortar o acceso de internet se non é preciso. Seguramente montemos un servidor de Moodle interno para ter un respaldo por se acaso. E logo algo que xa está montado noutros centros: os perfís móbiles. Así os alumnos e os profesores terán acceso á súa carpeta e contidos pero ao non haber equipamento informático suficiente non ten sentido.
Artigos relacionados
|







Manuel González Regal, profesor do ciclo de Administración de Sistemas Informáticos do 










