| Inforede:"Sempre nos gustou o SW Libre e pensamos en sacarlle proveito ao noso coñecemento" |
|
|
|
| escrito por mancomun.org o Venres, 18 de Maio do 2007 | |
|
Inforede Consultora Informática da Galiza S.L. é unha empresa creada hai 3 anos en Pontecesures que desde un primeiro momento apostou polo Software Libre. A súa actividade abarca dende a programación, especialmente a programación web, ata a integración de redes, xestión de servidores, aloxamento web... Os seus principais clientes son PEME da área de Santiago e Vigo ofrecendo todo tipo de produtos e servizos informáticos baseados no código aberto. Está formada por dous socios, Javier Pardal e Moncho Pena, especializados un na programación e outro na administración de sistemas e hardware. Mancomun.org falou cun deles, Moncho Pena, que nos explicou como esta pequena empresa grazas á súa especialización no Software Libre conseguiu abrirse paso. Cal sería o perfil da vosa empresa?Somos dous socios e temos un número variable de empregados dependendo da carga de traballo, normalmente programadores PHP. Desde que empezamos gustábanos moito o Software Libre e pensamos que lle podiamos sacar partido a ese coñecemento. O meu socio especialízase máis en servidores Linux, de correo, páxinas web, ficheiros, todo a base de Software libre coa seguridade en virus e a robustez que che dá porque nunca se cae. Tamén é moi importante a documentación porque podes resolver calquera dúbida mirando en Google. De feito a linguaxe que nós manexamos máis, o PHP, debe ser o mais documentado.
Eu pola miña banda levo a parte de Software e facemos web dinámicas. Sempre que podemos usamos o Joomla! e a xente queda moi satisfeita ao ver que é fácil meter noticias e modificar calquera cousa. Como nace o proxecto de crear a empresa? Adicámonos ao ensino durante moitos anos e íamos coñecendo moita xente por aquí e por alá. E despois o que soe pasar coa xente que controla de informática que te chaman para calquera cousa. Polo que xa tíñamos unha clientela base agardando a que tivésemos unha empresa seria. Despois estendémonos a base do boca a boca. Estanvos pedindo SW Libre? A PEME é consciente da existencia? O Windows máis ou menos xa o coñece e a xente pensa que vai co ordenador e non é consciente do que custa iso porque sáelle gratis. No tema de servidores hai moitas empresas que lle chaman a un servidor 5 ordenadores con C: compartido. Un modelo de negocio Estavos sendo rendible esta aposta? Hai empresas de alto nivel que tendo un servidor Linux poden monitorizar e controlar o que fan as persoas, os datos que meten, a hora na que saen, identificarse para entrar na máquina... simplemente controlando os logs aportan unha seguridade á empresa. Aínda que a LOPD non a cumpre case ningunha empresa. Tedes un perfil de cliente definido? Entrar polo mercado dos servidores é máis fácil porque todo o mundo sabe que máis da metade dos servidores están montados en Linux. Por onde entra máis a xente é polo das licenzas porque poñer un Windows Server 2003 con Exchange custa máis ca propia máquina en si. Tentastes algunha migración a un escritorio Linux? Intentámolo facer en FEAFES, Federación de Asociacións de Familiares e Enfermos Mentais de Galicia, e unha vez metido deunos demasiado problemas. Regaláronlles unha impresora con scanner destas que teñen 500 Mb de drivers e non funcionaban os automatismos. No tema do correo, da ofimática como o OpenCalc non hai problema... O problema era o hardware, traballar en rede e houbo que volver a Windows. Pero penso que estivo ben coma experiencia e volveremos a tentalo. Ademais isto foi hai dous anos e o Gnome xa cambiou e estase humanizando máis. Ha de chegar.
![]()
Falas de que tedes desenvolvido un TPV (Terminal de Punto de Venda) baixo tecnoloxías libres... En que consiste este proxecto? Cal cres que é a postura do sector TIC en Galicia sobre o Software Libre? Tedes liberado algún dos vosos desenvolvementos? Cal é a vosa implicación na comunidade? Como cres que vai evolucionar o Software Libre en Galicia? O xefe poucas veces falamos con el. Se nunha empresa delegan nunha persoa, cousa difícil en Galicia (ja,ja) porque hai unha xerarquía moi forte. Nas empresas familiares que levan 20 ou 30 anos traballando e non lles vas cambiar a forma de traballo dun día para outro. Que casos de éxito tedes na aplicación de tecnoloxías libres? Despois temos desenvolvido toda unha serie de portais web baixo PHP e MySql coma o Sistema de Información Empresarial para o Fomento da Innovación http://www.siefi.org/, a web do concello de Crecente ou XHO que mencionamos antes. Fixemos ademais aplicacións a medida coma o TPV para o téxtil que comentamos ou un programa de xestión do videoclube Arte e Ensaio en Vigo.
Artigos relacionados
|







Cal sería o perfil da vosa empresa?

















