Menu Content/Inhalt
» Inicio arrow » Arquivo de novas arrow Entrevistas arrow Entrevista a Amigus:"Temos pensado facer obradoiros de SW Libre para rapaces"
Entrevista a Amigus:"Temos pensado facer obradoiros de SW Libre para rapaces" PDF Imprimir Correo-e
escrito por mancomun.org o Martes, 29 de Maio do 2007

AmigusAmigus, Asociación Informática de As Pontes, é un grupo de persoas da zona das Pontes preocupadas pola promoción das tecnoloxías da información e da comunicación e a difusión da sociedade da Información. Son un dos grupos que asinaron un convenio con Mancomun.org para a realización de actividades de difusión do Software Libre. No marco deste acordo Amigus realizou unha serie de charlas en I.E.S. para difundir o Software Libre entre os estudantes e profesores.

Mancomun.org falou con José Manuel Pello, membro desta asociación, sobre estas actividades e o presente da asociación.

Como xurdiu a idea destas xornadas? Que necesidades detectastes?
Pois a idea xurdiu xa hai tempo. Pouco despois de formar a asociación discutimos moito sobre como facer que os veciños das Pontes comezaran a usar Software Libre en xeral e GNU/Linux en particular, pois víamos que na localidade cada vez había máis usuarios de computadores, e poucos coñecían este tipo de software.

A que perfil vos dirixiades e a cantos centros fostes finalmente?
As charlas foron dirixidas a rapaces de 3º e 4º da ESO, pois son a estas idades ás que se comezan a usar os computadores dun xeito habitual. Fomos a cinco centros: ao CPR Nebrija-Pardo Bazán, ao IES Moncho Valcarce, ao CPI Monte Caxado, ao IES Castro da Uz e ao IES Concepción Arenal. Foron un total de 245 alumnos e 22 mestres os que asistiron ás charlas.

Cal era a actitude dos alumnos?
Pois en xeral estiveron moi atentos á explicación. Cando amosamos un GNU/Linux funcionando, ben con vídeos ou ben en 'vivo', foi cando se viron máis interesados. E na rolda de preguntas que fixemos ó final das charlas houbo preguntas de todo tipo: dende rapaces que só querían 'pasar o tempo' para perder outra clase, ata outros que preguntaban polas XGL, pola instalación, ou ben por xogos baixo GNU/Linux. Pero o mellor de todo foi poder ver que algúns deles están a comezar no mundo do Software Libre cunha participación moi activa.

E a dos profesores?
Todos eles colaboraron moito connosco nas charlas, incluso algún participou na rolda de preguntas con cuestións sobre o OpenOffice.org ou o Firefox.

Charla nun IESComo ves a situación tecnolóxica dos centros desde a vosa experiencia?
Non vimos moito da situación dos centros porque tan só nos centramos no Software Libre. Pero neste aspecto, cando preguntábamos por se alguén estaba a usar algunha aplicación como o Firefox ou o OpenOffice.org, tan só un ou dous rapaces nos dicían que si. Por isto, estamos a pensar en facer algún obradoiro de Software Libre para rapaces centrado en dúas ou tres aplicacións libres para que poidan traballar 'in situ' con eles e que vexan que se trata de aplicacións fáciles de usar e coas que poderán acadar os mesmos resultados -se non millores- que con aplicacións comerciais.
 
 
A vosa intención é que o traballo que realizastes poda ser reutilizado por outros grupos de usuarios, non?
Si, de feito xa o enviamos á lista de guls de mancomun para que o usen se o precisan e en breve publicarémolo na web de Amigus. Somos poucos e moi atarefados, así que calquera colaboración sempre é benvida, ademais esta é a base do ideario do Software Libre, a colaboración libre.

Cales son os vosos obxectivos como asociación? Que outras actividades tedes pensadas desenvolver este ano?
Como asociación temos dous obxectivos: promover o bo uso da informática entre os nosos conveciños e promover o uso do Software Libre. Para acadar estes obxectivos estamos a traballar en tres ámbitos principalmente:
- A páxina web www.amigus.org, na que estamos a publicar información sobre novas tecnoloxías, informática, Software Libre... e por outra banda información local das Pontes e comarca. Temos nela un rueiro das Pontes, un álbum de fotos, uns foros, unha sección de información de agrupacións musicais, outra sección de deportes, etc.
- As festas informáticas (parties) que facemos tres veces ó ano, e ás que asisten entre 30 e 50 rapaces -e non tan rapaces  :)  - durante 3 días. Nelas facemos charlas, obradoiros, concursos dos xogos 'de moda', e nas dúas últimas estamos a facer as AmiguSoft-Libre.
- Promoción do Software Libre, coas AmiguSoft-Libre, que son xornadas de relatorios e obradoiros sobre Software Libre e que facemos coincidir coas datas das festas informáticas. Tamén con estas charlas en colexios que contamos repetir máis adiante, e outras actividades que estamos a debater na asociación.

Para este ano contamos facer outras dúas festas informáticas e dúas AmiguSoft-Libre, unha no verán, despois das festas locais que cadran a finais de xullo; e outra polo Nadal. Tamén estamos a preparar unha xornada de Software Libre para PEME, pero aínda non temos moito concretado para ela.




ChuzaMeneameDel.icio.us!

Artigos relacionados




Servizos Mancomun.org

Eventos

Agosto 2008 Setembro 2008 Outubro 2008
Lu Ma Xo Ve Do
1 2 3 4 5 6 7
8 9 10 11 12 13 14
15 16 17 18 19 20 21
22 23 24 25 26 27 28
29 30          

Destacado en A Forxa

Recuperando estatísticas ...
Advertisement