| Bora Telecom: "É mellor integrar o produto e non cobrar o código" |
|
|
|
| escrito por mancomun.org o Luns, 23 de Abril do 2007 | |
|
Bora Telecom é unha empresa pontevedresa orientada á integración de sistemas de comunicacións para a PEME, especialmente centraliñas telefónicas baseadas no Software Libre Asterisk. O código aberto permite a esta empresa ofrecer un servizo de gran calidade por debaixo dos custes habituais do mercado e posibilita que a PEME conte con comunicacións avanzadas. Fundaron hai menos de dous anos Bora Telecom dous enxeñeiros de telecomunicacións, José Estévez e José Monteagudo Limeres. Por que optastes polo SW Libre?
![]()
Cal é a maior dificultade coa que se topa a vosa empresa? É curioso como no sector da construción alguén pode fundar unha empresa e aos dous meses gañar unha cantidade de diñeiro desproporcionada. Ti vas a calquera obra e tes un cliente potencial. No noso caso vas a unha empresa pequena e non tes con quen falar. Vas a unha media-grande e vas ter problemas porque o informático vai ter un amigo que ten unha empresa e trátase dunha cuestión de falta de miras. Na empresa grande van ter un montón de xente propia que llo fai moi barato. Por arriba é un mercado cautivo e con pouca calidade Estévez: Os propios clientes teñen un déficit tecnolóxico por culpa das infraestruturas. Para a VoIP tes que ter un ancho de banda mínimo e no rural non o teñen. Ao mellor si hai moitas empresas que queren meterse en internet pero quedan pilladas pola falla de infraestruturas. Como é recibido o Software Libre por parte dos clientes? Son os empresarios conscientes das diferencias entre os diferentes tipos de software? Linares: O modelo tradicional ten a vantaxe de que se ti firmas un acordo de distribución con Alcatel ou Panasonic tes camiño gañado por dous lados. Un porque estas empresas van traballar para ti cada vez que poñan un anuncio na tele. E dous porque as coñecen. E normalmente as PEME non coñecen nin o Software Libre nin Linux. Toda a diferencia que van apreciar e que neste modelo o software é gratis. Hai reticencias por parte da xente á hora de usar esta tecnoloxía? Limeres: Ao final o cliente dá o cambio porque teñen confianza en ti e ven que coidas ben do seu principal canal de entrada de clientes e de comunicacións. Que tipo de empresas acoden a vós? Hai algún caso de éxito na implantación destas tecnoloxías?
Servizos e produtos A actividade principal da vosa empresa é a implementación e mantemento de sistemas de comunicacións integrados baseados en Software Libre, principalmente Asterisk. É un exemplo claro de Software Libre. Desde sempre os grandes fabricantes deseñaron protocolos de comunicación propietarios incompatibles entre si polo seu propio interese para manter un mercado cautivo. Asterisk é un software que rompe con iso e destaca pola súa polivalencia e adaptabilidade. Pero o que realmente demandan as empresas é unha plataforma robusta coas mesmas funcións que outra centraliña. É un camiño de futuro porque hai xente que no futuro quere ter posibilidades de evolucionar. O que implica que unha empresa que ten unha oficina diga “hoxe teño estas necesidades mañá terei outras necesidades e non quero cambiar de centraliña”. Non montan todas as funcionalidades pero saben que no futuro non terán ningún problema neste sentido. Estévez: Moitas empresas o da VoIP téñeno de xeito experimental porque o que realmente queren é unha centraliña convencional e ás veces é un pouco difícil facerlles entender que a tecnoloxía supón un paso adiante. Por exemplo en Ribadumia teñen a posibilidade de usar as canles de voz sobre IP pero están a usar as canles físicas. Cales son as vantaxes de Asterisk respecto a outras centraliñas? Limeres: Por exemplo, ten como vantaxes respecto á telefonía tradicional o número de extensións. Se compras unha tarxeta analóxica Panasonic tes seis canles. Se queres máis tes que comprar outra tarxeta. A única limitación que tes con Asterisk é o teu ancho de banda. Outra vantaxe é que na telefonía tradicional ti vas ter unha serie de liñas analóxicas ou dixitais e terás un número equivalente de entradas ou saídas. Aquí non, aquí tes as canles que queiras dependendo do teu ancho de banda. Ademais de centraliñas vós montades servidores e redes. Cunha centraliña virtual accesible desde Internet ti vas poder facer chamadas como se estiveses na túa propia oficina. Pero nós non temos uns clientes dun nivel suficiente para facer estes desenvolvementos. Tedes incluso realizado algún cambio a escritorios Linux Hai casos puntuais de xente que usa Linux nas empresas, pero empresas completas con todos os escritorios... Ofrecemos facer migracións sobre todo cando hai problemas con Windows de licenzas ou virus. Aí dáse esa opción pero se Windows vai tirando e non hai unha catástrofe a xente non vai cambiar a Linux. Estévez: En moitos casos é mellor nin propoñelo. Unha das frases máis nítidas sobre a tecnoloxía: “Aquí están para traballar facendo isto non para manexar un teléfono”, que é o normal. Pero non lle queiras meter unha cousa nova.
Artigos relacionados
|

























