| Xerar contidos libres para a educación |
|
|
|
| escrito por mancomun.org o Martes, 06 de Xuño do 2006 | |
|
Hai poucos días publicamos neste portal varias novas sobre webs adicadas á publicación de contidos web, imaxes e deseños web, pero cun matiz libre, baixo licenzas Creative Commons, Copyleft ou GNU/FDL. Howard Pitler, fala do problema engadido ao traballar con contido baixado da web, denominándoo "remixing" (remezclar). El está a estudar estes interrogantes no entorno docente, dado que é un ámbito no que se utiliza a rede para obter información e para facer documentación (exames, apuntes, charlas, cursos, etc.) Di que é aconsellable o uso de licenzas libres, como Creative Commons, que permiten a autores, artistas e músicos seleccionar dereitos específicos para protexer e explicitar que usos e modificacións permiten. As licenzas libres proven unha clara guía a estudantes e educadores de como poden desenvolverse no uso legal da propiedade intelectual de outros e como poden protexe-lo propio. Fonte: innovate Artigos relacionados
|





















