Menu Content/Inhalt
» Inicio arrow » Arquivo de novas arrow Educación arrow Proxecto Rella e Aula Virtual: dúas iniciativas innnovadoras do IES Xulián de Magariños
Proxecto Rella e Aula Virtual: dúas iniciativas innnovadoras do IES Xulián de Magariños PDF Imprimir Correo-e
escrito por mancomun.org o Mércores, 14 de Marzo do 2007
Magasi CDO I.E.S. Xulián de Magariños segue a innovar con dúas novas iniciativas: o Proxecto Rella e a creación dunha Aula Virtual do centro. No caso do Proxecto Rella trátase de proporcionarlle documentación á comunidade educativa para axudala no uso de ferramentas informáticas. Rella está inserido na Aula Virtual que foi desenvolvida na plataforma libre Moodle e serve como ferramenta de apoio ás clases presenciais que se imparten no centro. A estes proxectos hai que unir o Magasi CD, unha recompilación de aplicacións libres de utilidade na educación. Todos estes proxectos parten da iniciativa, traballo e coordinación do profesor deste centro Manuel González Regal.

O Proxecto Rella serve de apoio aos docentes co emprego de titoriais gráficos sinxelos, adaptados ás necesidades educativas de cada materia e perfectamente modificables estando dispoñibles con conexión ou sen conexión.

A Aula Virtual probouse durante as prácticas en empresas do alumnado do Ciclo Superior de Administración de Sistemas Informáticos e na materia de física. Actualmente o sistema é empregado por un amplo número de docentes e alumnos.

Entre outras funcionalidades o sistema permite organizar os materiais educativos, preparar probas académicas en liña, elaboración de wikis e xestionar a interacción entre profesores e alumnos.  





ChuzaMeneameDel.icio.us!

Artigos relacionados




Servizos Mancomun.org

Eventos

Agosto 2008 Setembro 2008 Outubro 2008
Lu Ma Xo Ve Do
1 2 3 4 5 6 7
8 9 10 11 12 13 14
15 16 17 18 19 20 21
22 23 24 25 26 27 28
29 30          

Destacado en A Forxa

Recuperando estatísticas ...
Advertisement