| Presentan a Oficina do Software Libre na Universidade de Zaragoza |
|
|
|
| escrito por mancomun.org o Mércores, 16 de Xaneiro do 2008 | |
|
A Universidad de Zaragoza presenta oficialmente hoxe a súa recen creada Oficina do Software Libre. A creación desta oficina responde á declaración institucional sobre o fomento e o desenvolvemento do Software Libre e de fontes abertas na comunidade universitaria, aprobada no Consello de Goberno da Universidade de Zaragoza o pasado Xuño. Nesa declaración afirmábase que o Software Libre "respondía a valores propios da institución, como son a investigación, a innovación e o traballo colaborativo". Esta oficina pretende cubrir a necesidade de coordinar os esforzos que a Universidade viña realizando en materia de Software Libre e estándares abertos nestes últimos anos. As principais apostas neste eido foron as distribucións GLUZ , a posta en marcha de Moodle, a creación de Unizar.es, o desenvolvemento de software para as probas de acceso, o correo electrónico institucional e "Hermes ". Pretenden ser, ademais, punto de referencia, información e fomento do uso do Software Libre na comunidade universitaria. Consideran que isto axudará a garantir o libre acceso da comunidade á información necesaria, no marco do Espazo Europeo de Educación Superior, onde se demanda, cada día máis, a dispoñibilidade de ferramentas e servizos que faciliten a colaboración e o acceso á información nun contorno dixital. Fonte: Universidade de Zaragoza Artigos relacionados
|
















