| Os voluntarios do Entrans traducen a aplicación educativa GCompris |
|
|
|
| escrito por mancomun.org o Martes, 27 de Marzo do 2007 | |
|
As consellerías de Educación e Innovación colaboraron na organización deste curso sobre Entrans, ferramenta de tradución colaborativa de software, no que se inscribiron uns 150 profesores de ensino non universitario. Colgáronse de aquela tres proxectos de tradución: o editor de blogs de multiautoría B2evolution, o programa para crear mapas conceptuais Freemind e o Gcompris. O activo labor destes docentes e do resto dos tradutores levou á rápida finalización deste proxecto de tradución e a que os outros dous estean a piques de rematar (o Freemind está ao 89% e o B2evolution ao 90%). Recentemente engadiuse o programa educativo sobre química Genchemlab. Mancomun.org irá colgando do Entrans diversos proxectos de especial interese para a súa adaptación ao galego. Os voluntarios xa traduciron a interface do OpenOffice.org 2.1 e a versión 2.0 do navegador Mozilla Firefox . |





















