| OpenLearn: Recursos educativos libres |
|
|
|
| escrito por mancomun.org o Xoves, 26 de Outubro do 2006 | |
Onte, 25 de outubro lanzouse "OpenLearn: Open University offers free e-learning". A web de OpenLearn fará que os seus recursos educativos poidan estar dispoñibles libremente en Internet, con ferramentas avanzadas de axuda e colaboración tanto para os alumnos como para os educadores...A maior parte dos cartos do proxecto, que ten un gasto aproximado de 5,65 millóns de libras, proveñen dunha concesión da fundación "William and Flora Hewlett Foundation". OpenLearn cubrirá un amplo grupo de materias dende o arte e a historia ata a ciencia e a natureza, e dende todos os niveis dos estudantes, tanto iniciados como graduados. Dispoñible para estudantes e educadores de todo o mundo, o proxecto será en particular importante para facer chegar estes recursos aos grupos de xente menos favorecidos. Artigos relacionados
|








Onte, 25 de outubro lanzouse "












