| Onte comezou un curso de bases de datos en Rianxo |
|
|
|
| escrito por mancomun.org o Mércores, 09 de Xullo do 2008 | |
|
A Rede de Dinamización da Sociedade da Información está celebrando un curso de formación en base de datos de 40 horas de duración. O curso desenvolverase até o próximo día 30 durante os martes, mércores, xoves e venres de 10.00 a 13.00 horas. O lugar de celebración do mesmo será o Baixo da Biblioteca Pública Municipal, situada na Praza Rafael Dieste... Toda aquela persoa que asista a máis do 80 % das horas lectivas do curso levará un certificado oficial de asistencia ao mesmo, emitido pola Consellería de Innovación e Industria. O curso, aberto ao público en xeral, tivo unha grande demanda e as súas prazas xa se atopan cubertas na totalidade. Artigos relacionados
|
















