| Obradoiro "Introdución ao Software Libre e GNU/Linux" na Universidade de Vigo por GALPon |
|
|
|
| escrito por GALPon o Xoves, 11 de Outubro do 2007 | |
O Vicerreitorado de Extensión Cultural e Estudantes da Universidade de Vigo organiza xunto con GALPon, o obradoiro "Introdución ao Software Libre e GNU/Linux" de 30 horas e convalidable por 2 créditos de libre elección. Neste curso práctico, disporase de 20 computadores con GNU/Linux cos que os alumnos poderán empezar a coñecer este sistema operativo. Inclúense a instalación e configuración dunha sistema completo no computador ademais de traballar con diferentes contornos gráficos como Gnome e KDE. O prazo para a matriculación vai dende o 15 até o 26 de Outubro e comezará o 29 de Outubro na E.T.S. Enxeñeiros de Telecomunicacións do campus de Lagoas - Marcosende da Universidade de Vigo, os luns e martes pola tarde... Artigos relacionados
|








O Vicerreitorado de Extensión Cultural e Estudantes da Universidade de Vigo organiza xunto con 












