| O 77% das universidades británicas usan Software Libre |
|
|
|
| escrito por mancomun.org o Mércores, 09 de Agosto do 2006 | |
|
Segundo un estudo de OSS Watch realizado nos meses de febreiro e marzo de 2006 o 77% das universidades de UK son usuarias de Software Libre. O traballo reflicte que o uso nos servidores é alto (69%) e algo máis baixo en PC de usuario (42%). Por outra parte, o 56% usan Moodle como plataforma de e-Learning.
Os principais motivos para usar Software Libre son o menor custe das licenzas, a independencia do provedor e a mellor interoperabilidade entre produtos. O traballo destaca que os factores ideolóxicos non son significativos á hora de empregar Software Libre. Este estudo complementa ao feito por OSS Watch en 2003, onde os resultados de uso foron significativamente máis baixos. Fonte: OSS Watch Artigos relacionados
|
















