Menu Content/Inhalt
» Inicio arrow » Arquivo de novas arrow Educación arrow Nova versión 2.2 do MAGASIX CD de Manuel G. Regal
Nova versión 2.2 do MAGASIX CD de Manuel G. Regal PDF Imprimir Correo-e
escrito por mancomun.org o Mércores, 12 de Marzo do 2008

http://www.mancomun.org/images/stories/magasicd.pngXa está dispoñible para descarga a nova versión 2.2 do MAGASIX Linux CD, así o anuncia o seu creador Manuel G. Regal na rolda de correo "softlibre-edugal".

MAGASIX é unha distribución baseada na última versión de Ubuntu, en concreto esta última versión inclúe Ubuntu 7.10 Gutsy coas últimas actualizacións existentes. Entre as súas características destacan:

  • O usuario pode traballar en modo live-cd ou cun sinxelo asistente se pode instalar no disco duro dun equipo.
  • O usuario pode traballar en galego, castelán, euskera, catalán, portugués, inglés, francés, alemán e agora tamén en italiano.
  • Moitas máis ligazóns no navegador de Internet Mozilla Firefox: 244 ligazóns organizadas en categorías: Software Libre, educación, cultura e lingua galega, etc...
  • Motores de procura incorporados no navegador de Internet: dicionario da Real Academia Galega, Galipedia, dicionario da Real Academia Española, Wikipedia en Español, Google, Bugalicia, Wikipedia en inglés, portugués, italiano, catalán, etc.
  • Máis aplicacións preinstaladas que na versión 2.1

 

Podes atopar máis información sobre as distintas aplicacións que contén, titoriais, programas para Windows en Software Libre, etc..., nas seguintes ligazóns:

Anuncio en Softlibre-Edugal (7 de marzo)
Anuncio en Softlibre-Edugal
(11 de marzo)
Web do MAGASIX CD

Manuel Gónzalez Regal é profesor do ciclo de Administración de Sistemas Informáticos no IES Xulián Magariños de Negreira. Podes ler a entrevista completa realizada por Mancomún nas instalacións do IES na seguinte ligazón:
Entrevista con Manuel González Regal.

 





ChuzaMeneameDel.icio.us!

Artigos relacionados



 

Servizos Mancomun.org

Eventos

Xuño 2008 Xullo 2008 Agosto 2008
Lu Ma Xo Ve Do
  1 2 3 4 5 6
7 8 9 10 11 12 13
14 15 16 17 18 19 20
21 22 23 24 25 26 27
28 29 30 31      

Destacado en A Forxa

Recuperando estatísticas ...
Advertisement