| Máster en Informática Social e Desenvolvemento Urbano-Rexional |
|
|
|
| escrito por Mar Castro o Mércores, 01 de Outubro do 2008 | |
|
Investigadores sociais e técnicos do GIS-T poñen en funcionamento para o curso académico 2008-2009 o Máster en Informática Social e Desenvolvemento Urbano-Rexional da Universidade de Santiago. Os obxectivos do Máster teñen orientación profesional e investigadora. No ámbito profesional, a intención é formar a técnicos especializados en TIC, Informática Social e Desenvolvemento Urbano-Rexional, cubrindo novos postos de traballo na administración pública e nas comunidades locais como axentes de desenvolvemento social especializados en novas tecnoloxías. En termos de investigación, o obxectivo é formar a investigadores de excelencia especializados en técnicas de investigación cuantitativa e cualitativa. Ata o vindeiro 30 deste mes pódese realizar a preinscrición. Este máster ofrece 10 bolsas de matrícula e prácticas remuneradas para todos os alumnos e alumnas que decidan realizalo. Ademais proporciona a posibilidade de realizar a metade do curso en prestixiosas universidades europeas: Universidade Do Porto (Portugal), Universidade do Minho (Portugal) e University College Cork (Irlanda). Toda a información atópase na páxina Posgrao Propio da USC, ou a través do enderezo electrónico master @ gist-idega . org. Artigos relacionados
|
















