|
MAGASIX, peza final do proxecto MAGASI |
|
|
|
|
escrito por mancomun.org
o Venres, 19 de Outubro do 2007 |
|
Vemos na páxina de AGNIX a seguinte nova:
"Tras uns meses de investigación, probas e máis probas, hoxe sae á luz pública o MAGASIX, a peza final do proxecto MAGASI. Entre as características do MAGASIX podería salientar: - É un sistema operativo gratuíto, moderno e sinxelo de manexar. - Está baseado en Linux Ubuntu, o que garantiza a súa estabilidade, seguridade e futura evolución. - Vén cunha chea de aplicacións preinstaladas e listas para usarse, desde aplicacións de uso educativo en infantil e primaria, ata aplicacións de uso profesional listas para ser empregadas nos ciclos formativos, a universidade e as empresas. - O navegador de Internet, Firefox, vén personalizado cunha morea de ligazóns de interese para a comunidade escolar e as persoas interesadas no software libre. - Ademais de ter soporte para os principais idiomas do estado (galego, español, catalán e euskera) ven preparado para traballar nas linguas estranxeiras máis estudadas no ensino (inglés, francés, alemán e portugués)...
Máis información na páxina oficial do proxecto: Web do proxecto MAGASI
Artigos relacionados
|