| Kewl plataforma educativa baixo Software Libre |
|
|
|
| escrito por mancomun.org o Venres, 22 de Setembro do 2006 | |
|
Kewl é unha plataforma colaborativa orientada á comunidade educativa. Foi desenvolvida en Sudáfrica e conta con moitas implantacións no mundo da ensinanza, sendo un dos principais motores nalgúns organismos educativos coma no caso de Alemaña. Esta baseada en PHP e foi desenvolvida por African Virtual Open Initiatives and Resources na University of the Western Cape en Sudáfrica.
Esta universidade é membro do open courseware consortium, unha rede mundial de organizacións e organismos públicos que favorecen a liberdade de coñecemento de contido educativo. Unha das organizacións públicas que está funcionando con Kewl é United Nations University Merit Institute e que xa galardoou con varios premios a este proxecto. Fonte: tectonic.co.za Artigos relacionados
|
















