| Cursos en liña de Software Libre do Ministerio de Ciencia e Tecnoloxía |
|
|
|
Dende o Observatorio Tecnolóxico do Ministerio de Ciencia e Tecnoloxía están dispoñibles cursos e tutoriais completos: Moodle, Inkscape, Drupal, FreeNX, Iniciación ao sistema operativo GNU/Linux, distros GNU/Linux de Comunidades Autónomas, Utilización de GNU/Linux en contornos seguros (Live CD), Máquinas Virtuais VirtualBox, QEmu (e outras), Introdución a Ubuntu GNU/Linux , GRUB, Compilación do Kernel, Contornos de escritorio GNOME e KDE, estrutura do sistema de ficheiros de GNU/Linux, e moitos máis.
Un gran traballo dos autores, na súa maioría profesores de secundaria, e unha gran iniciativa que xa leva varios anos de andaina. O Observatorio Tecnolóxico é un espazo de colaboración para o profesorado baseado na observación da tecnoloxía informática, tanto a nivel de hardware como de software, para, mediante a súa análise e estudo, aplicala nos niveis educativos non universitarios. O grupo de destinatarios está formado por docentes, cun nivel de usuario avanzado e que teñen ou poden ter responsabilidades nos equipamentos dos seus centros, como administradores de aulas, coordinadores de actividades con soporte informático, ... ou que simplemente aplican de xeito habitual as novas tecnoloxías nas súas clases e requiren algo máis das mesmas para seguir experimentando con elas. Fonte: DiarioLinux Artigos relacionados
|








Dende o 












