Menu Content/Inhalt
» Inicio arrow » Arquivo de novas arrow Educación arrow Curso de Entrans para docentes de ensino non universitario
Curso de Entrans para docentes de ensino non universitario PDF Imprimir Correo-e
escrito por mancomun.org o Luns, 05 de Marzo do 2007

EntransA Consellería de Educación en colaboración coa Consellería de Innovación organiza un curso de formación permanente do profesorado da ferramenta de tradución colaborativa Entrans. Baixo o título Entrans: a lingua galega e a tradución do Software Libre para Galicia tentarase expoñer aos docentes de ensino non universitario o propósito de Mancomun.org: Iniciativa Galega polo Software Libre, analizar as posibilidades didácticas da ferramenta para a tradución do Software Libre á lingua galega e facilitar a súa utilización docente nas áreas de lingua galega como elemento motivador do alumnado.

A inscrición realizarase a través do Sistema de Xestión da Formación do Profesorado, antes das 24:00 horas do martes 6 de marzo de 2007 (ÁREA: Tecnoloxías da Información e da Comunicación (TIC) / CFR: Servizos Centrais).  

O curso durará 10 horas dividido nunha frase presencial o 9 de marzo e outra a distancia que terá lugar do 12 ao 19 de marzo e conta coa colaboración de Mancomun.org. O programa do curso está dispoñible na área de descargas. 




ChuzaMeneameDel.icio.us!

Artigos relacionados




Servizos Mancomun.org

Eventos

Agosto 2008 Setembro 2008 Outubro 2008
Lu Ma Xo Ve Do
1 2 3 4 5 6 7
8 9 10 11 12 13 14
15 16 17 18 19 20 21
22 23 24 25 26 27 28
29 30          

Destacado en A Forxa

Recuperando estatísticas ...
Advertisement