| Curso da ferramenta de deseño vectorial Inkscape |
|
|
|
| escrito por mancomun.org o Xoves, 08 de Maio do 2008 | |
|
Interesante curso sobre a aplicación de deseño vectorial Inkscape. Trátase dun curso elaborado por un profesor de debuxo de Educación Secundaria para impartir a asignatura de Tecnoloxía da información: deseño asistido por ordenador de segundo de bacharelato de Artes. Ao curso chamoulle Inkscape: logo a logo pois a aprendizaxe do uso desta aplicación vaina desenvolvendo ao tempo que explica como se poden facer unha serie de logos máis ou menos coñecidos. É dicir, fai un curso cunha aproximación máis didáctica, pensando no aplicación práctica, que descritiva das distintas funcións do Inkscape. Para que o seu esforzo poida ser aproveitado, pon á disposición de toda a comunidade o material deste curso, escrito en idioma castelán:
Fonte: Blogue de Joaclint lstgud Artigos relacionados |
























