Menu Content/Inhalt
» Inicio
A Universidade de Vigo impartirá o próximo curso o Máster en Consultoría de Software Libre PDF Imprimir Correo-e
escrito por mancomun.org o Mércores, 02 de Abril do 2008

A Universidade de Vigo impartirá o próximo curso 17 novos títulos enmarcados nos Programas Oficiais de Posgrao e dentro deles está o “Máster en Consultoría de Software Libre”. Este máster oficial terá unha duración dun ano en modalidade semipresencial e impartirase na Escola Superior de Enxeñería Informática de Ourense.

A distribución de materias repártese en catro módulos quedando da seguinte forma:

I.- TECNOLOXÍAS E FRAMEWORKS DE DESENVOLVEMENTO DE SOFTWARE LIBRE
  • Introdución ao desenvolvemento de Software Libre
  • Programación áxil
  • Plataformas empresariais
  • Tecnoloxías web 2.0

II.- FERRAMENTAS DE SOFTWARE LIBRE PARA INTELIXENCIA DE NEGOCIO

  • Consultoría e implantación de ERPs
  • Sistemas de intelixencia de negocio
  • Implantación de sistemas CRM
  • Sistemas de comercio electrónico


III.- ADMINISTRACIÓN E DIRECCIÓN DAS TIC
  • Dirección e política estratéxica da empresa
  • Dirección e xestión das TIC


IV.- SEGURIDADE E LEXISLACIÓN EN ENTORNOS DE SOFTWARE LIBRE
  • Consultoría técnica e legal do Software Libre
  • Administración avanzada de servidores e seguridade en sistemas de información


En breve estará dispoñible a páxina web cos contidos, instrucións para a preinscrición, etc.





ChuzaMeneameDel.icio.us!

Artigos relacionados



 

Servizos Mancomun.org
Advertisement

Eventos

Abril 2008 Maio 2008 Xuño 2008
Lu Ma Xo Ve Do
      1 2 3 4
5 6 7 8 9 10 11
12 13 14 15 16 17 18
19 20 21 22 23 24 25
26 27 28 29 30 31  

Destacado en A Forxa

Recuperando estatísticas ...

Sindicación

Advertisement