Menu Content/Inhalt
» Inicio arrow » Arquivo de novas arrow Distribucións GNU/Linux arrow Xa se pode pedir a próxima Ubuntu 7.10

Formulario de acceso






Esqueceches o contrasinal?
Aínda non tes unha conta? Crea unha
Servizos Mancomun.org
Servizos Mancomun.org
Xa se pode pedir a próxima Ubuntu 7.10 PDF Imprimir Correo-e
escrito por mancomun.org o Mércores, 10 de Outubro do 2007

A próxima Ubuntu 7.10 ten prevista a súa saída para o día 18 de outubro. Xa hai un par de semanas anunciamos que estaba dispoñible para descargar a versión Beta e solicitaban que se enviasen os erros detectados de cara a solucionalos antes da saída da versión definitiva.

Agora Canonical xa habilitou a posibilidade de pedir os CD da próxima versión de Ubuntu 7.10 e de Kubuntu 7.10 . Recibiranse gratis no enderezo que se indique, aínda que o tempo de espera pode ser de 10 semanas dende a data de saída da versión definitiva.

O número máximo de CD que permiten pedir nese prazo de entrega é de 10. Se se quere facer unha petición maior hai que explicar os motivos e segundo as posibilidades atenderán as peticións. Neste caso os tempos de resposta serán máis longos. 

É preciso dispor dunha conta en Launchpad para facer as solicitudes.

Fonte: Ubuntu  





ChuzaMeneameDel.icio.us!

Artigos relacionados



Servizos Mancomun.org

Servizos Mancomun.org

Destacado en A Forxa

Recuperando estatísticas ...