Menu Content/Inhalt
» Inicio arrow » Arquivo de novas arrow Distribucións GNU/Linux arrow Ubuntu MID (Mobile Internet Device) Edition 8.04
Ubuntu MID (Mobile Internet Device) Edition 8.04 PDF Imprimir Correo-e
escrito por mancomun.org o Mércores, 25 de Xuño do 2008

Acaba de saír, aínda que con dous meses de retraso, a Ubuntu MID (Mobile Internet Device) Edition que consiste nunha versión de Ubuntu 8.04 adaptada para dispositivos móbiles con conexión a internet. Está especialmente optimizada para os procesadores Atom de Intel.

Algunhas das aplicacións incluídas son:

  • MID Browser: navegador web baseado en Gecko deseñado especificamente para pantallas pequenas con soporte para facer zoom.
  • Pidgin como cliente de mensaxería instantánea.
  • Cheese para a integración de cámara web.
  • Claws Mail como cliente de mensaxería por defecto.
  • Moblin Media para reprodución de son e vídeo.
  • Xogos
  • FBReader como lector de libros electrónicos.
  • Outras aplicacións: Reloxo con alarma, calculadora, lista de contactos…

Ubuntu MID Edition benefíciase de moitos dos proxectos de Intel Moblin, especialmente nalgunhas partes do framework, o navegador web, multimedia e os applets.

Se dispoñedes dun netbook podedes descargalo e probalo. Si non tendes un e queredes botarlle un vistazo igualmente, podedes facelo mediante unha imaxe de máquina virtual KVM que Canonical pon para descargar.

Fonte:
http://tuxpepino.wordpress.com





ChuzaMeneameDel.icio.us!

Artigos relacionados



 

Servizos Mancomun.org

Eventos

Xullo 2008 Agosto 2008 Setembro 2008
Lu Ma Xo Ve Do
        1 2 3
4 5 6 7 8 9 10
11 12 13 14 15 16 17
18 19 20 21 22 23 24
25 26 27 28 29 30 31

Destacado en A Forxa

Recuperando estatísticas ...
Advertisement