| Ubuntu 7.10 Beta |
|
|
|
| escrito por USC o Venres, 28 de Setembro do 2007 | |
|
Onte anunciouse a versión beta de Gutsy Gibbon Tribe 1 que co tempo chegará a ser Ubuntu 7.10. Trátase dunha versión beta de Ubuntu 7.10 recomendada para os desenvolvedores de Ubuntu e para todos aqueles que queren axudar no proceso de proba, reportando e corrixindo os erros. Entre as melloras que incorpora Gutsy Gibbon están a inclusión por defecto do escritorio 3D Compiz Fusion, a reincorporación dos cambios con Debian e a actualización ao Kernel 2.6.22 en tódalas variantes de Ubuntu (Edubuntu, Kubuntu e Xubuntu). Esta versión de proba pode descargarse dende:
Fonte: http://www.vivalinux.com.ar/distros/ubuntu-7.10-tribe1.html Artigos relacionados
|





















