| Red Hat e Novell terán novo rival en servidores, Ubuntu |
|
|
|
| escrito por mancomun.org o Venres, 04 de Abril do 2008 | |
O mercado de software de código aberto para servidores terá un novo contendente: o ata agora insignificante (en servidores) Ubuntu Linux consegue a certificación de Sun Microsystems para os seus produtos, polo que poderá medirse de ti a ti con outros fabricantes como Red Hat e Novell.Mark Shuttleworth, fundador de Ubuntu Linux, anunciou onte que Sun Microsystems certificará pronto o seu software como compatible con algúns dos produtos Sun. Desta forma convértese no primeiro gran fabricante de servidores que permite que o seu hardware funcione con Ubuntu Linux. Grazas a estas certificacións, moitos desenvolvementos Linux empezarán a ser compatibles co hardware e o software vendido por Sun. Foi así como Red Hat, que agora ingresa uns 523 millóns de dólares ao ano, converteuse no gran provedor de Linux para servidores. O software de Red Hat está certificado para traballar con centos de programas e pezas de hardware diferentes, o que significa que os seus clientes non necesitan logo gastar tempo nin diñeiro adaptando o software para o seu funcionamento nos sistemas existentes na compañía. Terri Molini, portavoz de Sun, explicou que a súa compañía quere tamén facer que a linguaxe de programación Java, as súas ferramentas e o seu servidor sexan compatibles coa nova versión de Ubuntu “Ubuntu 8.04”, que estará lista a finais deste mes co nome en código Hardy Heron. Fonte: Theinquierer.es Artigos relacionados |







O mercado de software de código aberto para servidores terá un novo contendente: o ata agora insignificante (en servidores) 
















