| Publicado o libro "Curso de creación de distribuciones: Guadalinex v3" |
|
|
|
| escrito por mancomun.org o Xoves, 08 de Xuño do 2006 | |
|
A "Consejería de Innovación, Ciencia y Empresa" Andaluza ven de publicar, baixo licenza Creative Commons, un extenso libro no que se explica detalladamente, ao longo de 113 páxinas, como crear e manter unha distribución GNU/Linux, baseada en Debian, como a Guadalinex v3.0. A guía foi redactada pola empresa Emergya para o curso celebrado hai pouco no Centro Informático Científico de Andalucía (CICA) e publícase agora baixo licenza libre para que este coñecemento poida aplicarse para outros proxectos similares ao desenvolto en Andalucía coa Guadalinex. Lido en : Barrapunto Máis información: Guadalinex.org
Artigos relacionados
|
























