| Presentan unha versión de Ubuntu para ultraportátiles |
|
|
|
| escrito por mancomun.org o Mércores, 04 de Xuño do 2008 | |
|
Vemos en Código Cero que Canonical presentou onte na feria Computex unha nova versión de Ubuntu especialmente deseñada e optimizada para o seu uso nos novos ultraportátiles. Este novo Ubuntu Netbook Remix baséase na edición de escritorio de Ubuntu no que se traballou para conseguir acceso máis rápido á rede e ás aplicacións máis empregadas. Ademáis está optimizado para os novos procesadores Intel Atom. Canonical está a traballar tamén con numerosos OEMs para tratar de levar ao mercado os dispositivos co novo sistema a finais de 2008. En Computex teñen dispoñibles demostracións. Fonte: Código Cero
Artigos relacionados |
















