| Nova versión 8.3 de UbuntuiES |
|
|
|
| escrito por mancomun.org o Martes, 01 de Abril do 2008 | |
|
UbuntuiES é unha distribución GNU/Linux, optimizada para correr en modo LIVE, desde un PenDrive. Comezou sendo unha distribución para estudantes e docentes de ensino secundario, pero hoxe conta con numerosas facilidades que o fan ideal para calquera tipo de usuario. A última versión recen saída é a 8.3
Por executarse desde unha memoria FLASH, garante unha velocidade de proceso maior que dende o típico CD. O sistema LIVE garante, un sistema único e homoxéneo con independencia do computador en que se utiliza. Grazas ao exclusivo instalador en PenDrive, a creación e duplicación de PenDrives é tan sinxela como facer un click na icona que aparece no escritorio. Con UbuntuiES é máis fácil que nunca compartir unha distribución GNU/Linux repleta de funcionalidades. O noso instalador crea tamén unha partición para gardar os datos do usuario, de tal modo que podemos trasladar nun só dispositivo todo o necesario para traballar. Como o seu nome indica, é unha personalización da robusta distribución internacional Ubuntu, polo que herda desta todas as súas funcionalidades e estabilidade. Outra prestación exclusiva deste sistema, é a posibilidade de elixir no arranque, entre varias opcións, como o escritorio que atoparemos (Gnome, xfce4 ó Enlighthenment), así como o arranque con controladores específicos, para tarxetas gráficas ATI, NVIDIA e controladores WIFI. Artigos relacionados |
























