Menu Content/Inhalt
» Inicio
Nova Ubuntu 6.06 lanzada PDF Imprimir Correo-e
escrito por mancomun.org o Venres, 02 de Xuño do 2006

Está dispoñible para toda a comunidade, a nova versión da distribución que está a facer GNU/Linux máis amigable para os usuarios finais. Ubuntu 6.06 LTS "Dapper Drake", traducido como Dragon alegre ou pulcro, ten como unha das novas características importantes, o soporte nos seguintes 3 anos, para a versión Desktop e 5 anos para a versión server. Isto explica as iniciais LTS (Long Term Support).

Entre as novas características de Ubuntu 6.06, hai que destacar o novo kernel 2.6.15-23, moi completo polo amplo número de drivers que integra, Gnome 2.14.1 (na versión Ubuntu), KDE 3.5.2 (para a versión Kubuntu), Xorg 7.0, OpenOffice 2.0.2 e moitas cousas máis.

É importante dicir que esta nova versión está moi ben adaptada para servidores, existindo varias distribución totalmente preparadas para as plaformas: amd64 (plataformas 64 bits Intel Xeon, Opteron e Athlon64), Intelx86 (inclúense a maioría dos procesadores restantes), PowerPC (procesadores G3, G4 y G5) e a última novidade, procesadores UltraSparc de SUN.

Fonte: http://ubuntu.com
Descarga: http://cdimage.ubuntu.com 





ChuzaMeneameDel.icio.us!



 

Servizos Mancomun.org
Advertisement

Eventos

Abril 2008 Maio 2008 Xuño 2008
Lu Ma Xo Ve Do
      1 2 3 4
5 6 7 8 9 10 11
12 13 14 15 16 17 18
19 20 21 22 23 24 25
26 27 28 29 30 31  

Destacado en A Forxa

Recuperando estatísticas ...

Sindicación

Advertisement