|
escrito por mancomun.org
o Venres, 20 de Xuño do 2008 |
OpenSUSE 11.0 acaba de saír e xa se pode descargar de balde dende a rede. Para iso a xente de openSUSE puxo varias imaxes dispoñibles, incluíndo x86, x86_64, e imaxes PowerPC, tanto en versión instalable como en Live CDs de GNOME e KDE para que os usuarios de escritorio poidan instalalo e usalo rapidamente.Nesta versión atoparás actualizacións nas versións de case todos os programas, un instalador moi mellorado, un manexo de paquetes máis rápido e máis sinxelo, e moito máis: Instalador re-escrito que volve a instalación aínda máis fácil Administración de paquetes máis fácil e máis rápida Actualizacións do sistema máis fáciles con PackageKit Efectos 3-D máis fáciles con Compiz-Fusion e CCSM KDE 4 - O escritorio KDE da seguinte xeración GNOME 2.22 - Versión de GNOME máis recente - Firefox 3.0
OpenOffice.org 2.4 - O máis recente OpenOffice.org, con ducias de melloras e novas funcións, incluíndo un soporte VBA mellorado, transicións 3-D en Impress, e soporte para importar os formatos de documentos de Microsoft Office 2007 ...
Banshee 1.0 - A mellor actualización dunha aplicación multimedia patrocinada por NOVELL NetworkManager 0.7 - O máis recente nas versións de NetworkManager, o cal inclúe soporte para tarxetas EV-DO/UMTS PulseAudio - Unha mellor administración de son en GNOME Linux kernel 2.6.25 - A máis recente versión liberada do kernel de Linux Case todas as aplicacións foron actualizadas desde a versión 10.3 Mais de 200 novas funcións específicas en openSUSE
Artigos relacionados
|