Menu Content/Inhalt
» Inicio arrow » Arquivo de novas arrow Distribucións GNU/Linux arrow Linguas OS: Linux para tradutores

Formulario de acceso






Esqueceches o contrasinal?
Aínda non tes unha conta? Crea unha
Servizos Mancomun.org
Servizos Mancomun.org
Linguas OS: Linux para tradutores PDF Imprimir Correo-e
escrito por mancomun.org o Luns, 03 de Marzo do 2008

http://www.mancomun.org/images/stories/linguasos.jpg Unha das bondades de Linux é a capacidade de adaptarse ás necesidades dos usuarios. Un exemplo claro é "Musix" (Linux para músicos). Outro adaptación é Linguas OS, a distribución Linux para tradutores.

Linguas OS está baseado en PCLinuxOS e ten como contorno de escritorio XFCE. Ademais é moi sinxelo de usar grazas a unha combinación de aplicacións tales como Synaptic (xestor de paquetes usado en Ubuntu) e o panel de control de PCLinuxOS.

A distribución ven coas ferramentas necesarias para un traballo profesional, como por exemplo o tradutor "OmegaT". Ademais inclúe OpenOffice.org, navegador web Seamonkey, xestor de proxectos Planner , editor de imaxes mtPaint, gravador de discos Brasero, entre outros...

 

A distro é un LiveCD, ou sexa que non require instalación, aínda que si queremos gravala no noso disco duro podemos facelo co asistente DrakLive. A descarga ocupa 452.2Mb e pódese descargar directamente desde o sitio oficial de Linguas OS, pero tamén usando este torrent.

 

Fonte orixinal da nova:
http://www.tuxi.com.ar





ChuzaMeneameDel.icio.us!

Artigos relacionados



Servizos Mancomun.org

Servizos Mancomun.org

Destacado en A Forxa

Recuperando estatísticas ...