| Linguas OS: Linux para tradutores |
|
|
|
| escrito por mancomun.org o Luns, 03 de Marzo do 2008 | |
|
Linguas OS está baseado en PCLinuxOS e ten como contorno de escritorio XFCE. Ademais é moi sinxelo de usar grazas a unha combinación de aplicacións tales como Synaptic (xestor de paquetes usado en Ubuntu) e o panel de control de PCLinuxOS. A distribución ven coas ferramentas necesarias para un traballo profesional, como por exemplo o tradutor "OmegaT". Ademais inclúe OpenOffice.org, navegador web Seamonkey, xestor de proxectos Planner , editor de imaxes mtPaint, gravador de discos Brasero, entre outros...
A distro é un LiveCD, ou sexa que non require instalación, aínda que si queremos gravala no noso disco duro podemos facelo co asistente DrakLive. A descarga ocupa 452.2Mb e pódese descargar directamente desde o sitio oficial de Linguas OS, pero tamén usando este torrent.
Fonte orixinal da nova: Artigos relacionados
|





















