Menu Content/Inhalt
» Inicio arrow » Arquivo de novas arrow Distribucións GNU/Linux arrow Gran Canaria acollerá as xornadas Guadec e Akademy en 2009

Formulario de acceso






Esqueceches o contrasinal?
Aínda non tes unha conta? Crea unha
Servizos Mancomun.org
Servizos Mancomun.org
Gran Canaria acollerá as xornadas Guadec e Akademy en 2009 PDF Imprimir Correo-e
escrito por mancomun.org o Luns, 14 de Xullo do 2008

KDE e a Fundación GNOME anunciaron este fin de semana que as súas xornadas anuais, Akademy e GUADEC, terán lugar do 3 ao 11 de Xullo de 2009 en Gran Canaria. Devanditos eventos realizaranse por separado, pero ambos baixo os auspicios do Cabildo Insular de Gran Canaria e a súa Secretaría de Turismo, Innovación Tecnolóxica e Comercio Exterior.

Con esta resolución, Gran Canaria vén de gañarlle a partida á candidatura da Coruña presentada conxuntamente pola Universidade da Coruña, Igalia e GPUL (Grupo de Usuarios e Programadores de Linux). Os desenvolvedores de KDE e GNOME valoraron a ubicación xeográfica de Gran Canaria, como punto de confluencia entre Europa e África, en detrimento da Coruña e a cidade de Tempere en Finlandia. 

A Coruña albergou a Guademy no ano 2007, sendo este o primeiro encontro estatal de GNOME e KDE xuntos no mesmo lugar. A pesar do grande éxito de organización, os antecedentes non foron suficientes para atraer nesta ocasión a organización de GUADEC e Akademy, eventos de maior envergadura a nivel internacional.

O alcance mundial destes eventos é indiscutible xa que congregan a desenvolvedores e empresarios de todo o mundo vencellados a dous dos grandes contornos de escritorio desenvolvidos en Software Libre, KDE e GNOME. 





ChuzaMeneameDel.icio.us!

Artigos relacionados



Servizos Mancomun.org

Servizos Mancomun.org

Destacado en A Forxa

Recuperando estatísticas ...