Menu Content/Inhalt
» Inicio arrow » Arquivo de novas arrow Distribucións GNU/Linux arrow Elastix, distribución para PBXs baseadas en Asterisk

Formulario de acceso






Esqueceches o contrasinal?
Aínda non tes unha conta? Crea unha
Servizos Mancomun.org
Servizos Mancomun.org
Elastix, distribución para PBXs baseadas en Asterisk PDF Imprimir Correo-e
escrito por Mar Castro o Martes, 09 de Setembro do 2008

Logo de elastix Elastix, segundo os seus creadores, é unha distribución GNU/Linuxque integra baixo unha única interface as mellores ferramentas dispoñibles para montar unha centralita (PBX) baseada en Asterisk. Os obxectivos desta distribución son a fiabilidade, a modularidade así como a usabilidade.

Entre as súas características atopamos o soporte para videollamadas, reenvío de faxes recibidos ao correo electrónico, configuración  gŕáfica dos parámetros de rede, interface para facturación...Na súa web teñen dispoñibles numerosas capturas de pantalla.

Acaban de publicar a versión estable 1.2, na que ademais de actualizar as aplicacións incluídas, ás últimas versións, corrixen numerosos erros e engaden novas funcionalidades.

No anuncio feito polos desenvolvedores destacan a inclusión dun módulo de rexistro (log) para Asterisk que aumenta considerablemente as posibilidades de ter informes moito máis específicos e completos que en versións anteriores; ou a conexión do módulo do calendario coa libreta de enderezos o que permite establecer alarmas que realicen chamadas a teléfonos da axenda ...

Pódense ver todas as novidades na páxina de cambios do proxecto .

Fonte: Barrapunto





ChuzaMeneameDel.icio.us!

Artigos relacionados



Servizos Mancomun.org

Servizos Mancomun.org

Destacado en A Forxa

Recuperando estatísticas ...