Aitire é unha consultora informática especializada no desenvolvemento, mantemento e administración de aplicacións e sistemas informáticos. Constituída no ano 2006 e baixo o amparo das directrices da Free Software Foundation e a Open Source Initiative provemos aos nosos clientes das mellores e máis actualizadas ferramentas para o seu traballo diario.
Independentemente da súa actividade a nosa misión é conseguir que os nosos clientes obteñan o maior valor dos seus investimentos en tecnoloxía:
Independencia tecnolóxica xa que achegamos o código fonte.
Soporte e compatibilidade a longo prazo debido ao uso de formatos estándares.
Liberdade de uso grazas ás licenzas libres.
A Seguridade que achega unha auditoría continua e universal.
Casos de éxito
Os nosos produtos principais son:
Aibox: Sistemas xestionados Todo-en-Un
Low Cost Web: Portais web de baixo custo, escalables e accesibles.
eBox-Technologies Partner: Consultoría de sistemas a medida e infraestruturas internas para empresas sobre eBox-Platform
Consultoría en Software Libre: Necesita adaptar ás súas necesidades Software Libre xa existente? Nós facémolo por vostede.