2.4
108 Hai varios meses, a Fundación GNOME iniciou unha campaña de recadación de fondos para poder contratar un administrador de sistemas a tempo parcial. Grazas a todos os doantes particulares e á colaboración de Canonical, Google e Nokia, xa acadaron o seu obxectivo económico, polo que agora anuncian o proceso de contratación.
O comité de contratación, elixido polos membros da Fundación GNOME, estará formado por Bradley Kuhn , Jonathan Blandford e Brad Taylor.
Trátase dun posto de administrador de sistemas que dirixirá e supervisará o traballo do equipo de voluntarios de administración de sistemas de GNOME para manter a infraestrutura de servizos de GNOME executándose sen problemas, de forma segura e fiable, así como para implementar melloras nos mesmos. A descrición completa do posto de traballo pode consultarse na web de GNOME.
Non se trata dun posto de programador, aínda que si é preciso ter certa habilidade de programación para ser quen de manter e mellorar os scripts de administración de sistemas e aplicacións web a medida que se executan nos servidores de GNOME.
[Ler máis]
-
149 Dende Trasno infórmannos da publicación dunha nova versión menor de OpenOffice.org, nomeadamente OpenOffice.org 3.2.1.
Esta versión non incorpora novas funcionalidades sobre da versión 3.2, publicada en febreiro deste ano, senón que fundamentalmente supón corrección de erros e solución de problemas de seguridade. Esta versión é a primeira en ser lanzada co novo patrocinador do proxecto principal, Oracle, polo que trae un logotipo actualizado e unha nova pantalla inicial.
Polo que respecta á tradución ao galego, tamén se trata da primeira versión que se publica dende que o lingüista Antón Meixome, membro fundador da asociación proxecto Trasno, asumiu a coordinación da tradución ao galego de OpenOffice.org.
Para os que non queiran agardar a que a súa distribución Linux actualice os paquetes correspondentes a OpenOffice.org poden descargalos e instalalos directamente seguindo as ligazóns de descarga da web de coordinación da tradución ao galego de OpenOffice.org.
Tamén hai dispoñibles capturas de pantalla desta versión en galego no flickr de Trasno.
[Ler máis]
5
71
A Asociación GHANDALF fai unha convocatoria aberta para a concesión de dúas Bolsas a estudantes universitarios de disciplinas técnicas relacionadas co Software (Enxeñería Informática, Telecomunicacións, Industriais e relacionados) para que no seu Proxecto Fin de Carreira (PFC) desenvolvan sistemas/aplicativos en software libre e/ou aporte valor técnico ao ecosistema FLOSS.
A concesión da bolsa inclúe:
2.5
98 Xa temos falado con anterioridade de proxectos audiovisuais de código aberto, que demostran que o software libre pode empregarse con éxito nun contorno profesional de animación.
Por exemplo a primeira película de animación feita integramente con software libre, Elephants dream ou o Apricot Open Game Project: Yo Fankie, proxecto para a creación dun xogo 3D con Blender, co obxectivo de amosar as posibilidades desta ferramenta libre para a creación profesional de xogos 3D. Estes proxectos, ao igual que outros posteriores, teñen en común que foron desenvolvidos empregando só ferramentas libres e tamén que liberaron con licenzas libres os fontes dos mesmos así como toda a documentación xerada no proceso de creación.
Desta volta, damos conta doutro proxecto audiovisual libre, que ten por obxectivo xeral a creación dunha longametraxe de Anime baseándose exclusivamente no uso de aplicativos de fontes abertas. É dicir amosar que o software libre é unha alternativa profesional para a animación.
Trátase do Proxecto Morevna que conta xa con dous anos de traxectoria, e que presenta unha historia baseada no tradicional conto de fadas ruso “Marya Morevna” completamente revisado para darlle un toque futurista e adaptado ao estilo de animación xaponés.
[Ler máis]