Produtos
Anterior
  • GIMP

    GIMP (GNU Image Manipulation Program) é un programa para a edición de gráficos bitmap empregado habitualmente para retoque fotográfico, composición ou creación de imaxes....

    Máis información
  • Pidgin

    Pidgin é un cliente de mensaxería instantánea multiprotocolo, o que quere dicir que funciona cos protocolos de mensaxería máis comunmente usados, incluíndo: Yahoo! Messenger, MSN Mes...

    Máis información
  • Thunderbird

    O Mozilla Thunderbird é un cliente de correo libre desenvolvido dentro do proxecto Mozilla.org. Inclúe lector de RSS, cliente de Usenet e filtro antispam, entre outras moitas ferramenta...

    Máis información
  • GONG

    GONG (Gestión para ONGs) é un aplicativo para a xestión de ONGs de cooperación, é dicir, enfocada para ONGDs ( "D" de desenvolvemento)....

    Máis información
  • Firefox

    O Mozilla Firefox é un navegador web gratuíto, multiplataforma e de código aberto.Xa está dispoñíbel en Galego. Firefox 3 é máis rápido, seguro e lixeiro ca nunca. Con máis de 15 000 ...

    Máis información
Anterior

ACTIVIDADES

  • Axudámosche
  • Para a comunidade
  • Empresas
  • Segue crecendo a Rede de Administracións Públicas para o Software Libre

    Publicado por Mancomún
    Xoves, 11 de Maio de 2006
    • Valoración 1.8
    • Lecturas 165

    Logo La Farga O Goberno de Aragón e o Concello de Zaragoza incorpóranse á Rede Internacional de Administracións Públicas para o Software Libre. Durante o pasado mes de marzo, a Xunta de Galicia xa se incorporara a esta rede, a través da  Consellería de Innovación e Industria.

    [Ler máis]
  • Nace mancomun.org - Iniciativa Galega polo Software Libre

    Publicado por Mancomún
    Mércores, 10 de Maio de 2006
    • Valoración 1.29
    • Lecturas 187

    Actualización: Descarga (odt , pdf) da presentación da Directora Xeral de Promoción Industrial e da Sociedade da Información, Elena Veiguela Martínez.

    A Xunta de Galicia, a través da súa Consellería de Innovación e Industria , presenta hoxe ás 12:00, no Salón Pequeno (número 2) de San Caetano en Santiago de Compostela, “mancomun.org – Iniciativa Galega polo Software Libre”. O acto estará presidido por Fernando Xavier Blanco Álvarez, Conselleiro de Innovación e Industria, que explicará as principais liñas de traballo da Consellería en materia de Software Libre. A continuación, a Directora Xeral de Promoción Industrial e da Sociedade da Información, Elena Veiguela Martínez, presentará os principais datos do “Estudo sobre a implantación do Software Libre en Galiza ”.

    Segundo a [[galipedia]] (a wikipedia en galego), Úsase o termo mancomún para referirse a unha unión de persoas, esforzos, intereses, institucións ou cousas para acadar un determinado fin común, ou atender servizos e problemas comúns....

    Neste sentido, "mancomun.org - Iniciativa Galega polo Software Libre" nace coa intención de ser un punto de encontro dos diferentes proxectos e actividades sobre Software Libre que se están a desenvolver na nosa comunidade. Pretende, ademais, ser un espazo de traballo conxunto que integre e dinamice aos diferentes axentes que están a traballar neste eido en Galiza: empresas, universidades e centros de ensino, concellos, asociacións, etc. Esta iniciativa forma parte da campaña Máis Internet, máis galego, máis futuro que comezou, o pasado 2 de maio, a Consellería de Innovación e Industria.

       

    [Ler máis]
  • Iniciativa estandaresabiertos.org

    Publicado por USC
    Martes, 9 de Maio de 2006
    • Valoración 1
    • Lecturas 150

    Lanzouse a iniciativa www.estandaresabiertos.org co obxectivo de avanzar no desenvolvemento de novos estándares abertos para todo tipo de aplicacións. Desta maneira poderíase avanzar na interoperabilidade das aplicacións, chegando a posibilidade de ter tódalas áreas cubertas con Software Libre, evitando así as trabas que impoñen as aplicacións privativas.

     

     

    Solicitan apoio para o seu manifesto en prol dos estándares abertos, que pode ser apoiado de forma individual ou por parte de  representantes de organizacións sociais, profesionais ou académicas.

    [Ler máis]
  • Open Document aprobado polos membros da ISO/IEC

    Publicado por Mancomún
    Luns, 8 de Maio de 2006
    • Valoración 2
    • Lecturas 142

    OpenDocumentO día 1 de maio remataba o prazo para a votación sobre a adopción do formato ODF pola ISO. Á medianoite anunciose internamente que o ODF fora aprobado polos membros da ISO. A votación tivo unha ampla participación e ningún voto en contra aínda que si houbo abstencións...

    [Ler máis]

Repositorio Documental FLOSS

Consulta a documentación no wiki de Mancomún

Máis información