1.67
133 Estevan González Pons, Conseller de Presidencia da Generalitat Valenciana e promotor e ex-Presidente da Comisión de Internet do Senado, fai unha interesante reflexión sobre se é posible atopar un apoio xurídico-constitucional en España para a promoción do Software Libre como expresión dos principios de liberdade e igualdade: "Una Constitución pro-software libre ".
Fonte: El País
[Ler máis]
2.25
116
Acabamos de crear unha extensión para o [[Thunderbird]] (xestor de correo da fundación [[Mozilla]]) versión 1.5, para poder instalar o corrector de galego do OpenOffice.org 2, así poderemos revisar a ortografía dos nosos e-mails dende o mesmo xestor de correo.
Aquí a ligazón para descargar a extensión: corrector para o thunderbird
Para a instalación do corrector, clicar co botón dereito do rato enriba da ligazón de descarga e premer en "Gardar como" e gardar o ficheiro.
Feito isto, abrimos o [[Thunderbird]] e pulsamos en "Ferramentas->Extensións->Instalar", buscamos o ficheiro que acabamos de descargar e xa estará instalado.
** Nota (só para Linux/Unix): Para versións do Thunderbird anteriores a 1.5, para instalar o diccionario, é necesario ser "root" na computadora.
2.33
116 Nesta primeira compilación do OpenOffice.org detectamos algúns problemas coa instalación en determinados sistemas operativos. Algúns erros xa están solucionados, outros aínda non, pero esperemos que en breve si que o estean, ademais de un novo paquete moito máis fácil de instalar.
Erro detectado e corrixido:
- Non instala en Windows 98, Me e 2000. A mensaxe de erro é a seguinte: "El idioma de este paquete de instalación no está admitido por el sistema". Xa está arranxado e xa subimos os ficheiros sen ese erro ao servidor o pasado día 18. Para aqueles que están tendo problemas de instalación, por favor, volvede a descargar os ficheiros da instalación.
Erro detectado:
- Non instala nunha ruta diferente a "C:\Archivos de programa\OpenOffice.org 2.0" en Windows. A mensaxe de erro é a seguinte: "Erro interno 2870. InstallChangeFolder, NewFolder, Crear novo cartafol". Estamos revisando o paquete e esperemos que pronto se arranxe o problema.
Se detectades máis erros relacionados co OpenOffice, publicádeos nos foros.
mancomun.org
2.5
63 Sun Microsystems, ante o compromiso feito hai poucas semanas de unirse á filosofía da programación de código aberto, lanzou o que será unhas das súas novas estratexias de negocio, os compoñentes de Java Enterprise System.
Este lanzamento consiste na plataforma de infraestructura SOA aberta e baseada en tecnoloxías Java clave.