2.5
390 O catálogo ModaTIC.gal nace co obxectivo de ofrecer unha ferramenta, única ata o momento, onde as empresas do téxtil poidan atopar solucións tecnolóxicas específicas para o seu sector así como a información relativa aos diversos actores que conforman parte do ecosistema tecnolóxico en Galicia especializado no Téxtil.
Para a elaboración desta primeira edición de ModaTIC.gal tomouse como punto de partida o MapaTIC.gal, o punto de encontro virtual da oferta e a demanda tecnolóxicas de Galicia. Ademais contouse coa colaboración das diferentes asociacións tecnolóxicas galegas, Agasol, Agestic, Cluster TIC, Eganet e Ineo, así como da plataforma tecnolóxica, Vindeira e do Clúster Téxtil Moda.
Esta primeira edición inclúe 40 empresas TIC e 5 axentes de innovación que ofrecen en conxunto máis de 70 solucións e servizos tecnolóxicos.
O 25% das empresas TIC presentes neste catálogo ofrecen solucións con licenza libre, que supoñen aproximadamente o 20% das solucións totais recollidas.
[Ler máis]
2.35
461 Hoxe, último mércores do mes de marzo, celébrase internacionalmente o Día da liberdade dos Documentos (DFD).

O obxectivo deste día é chamar a atención sobre a importancia de conservar os documentos dixitais que empregamos en formatos libres e baixo estándares abertos, así como promover a adopción de formatos de documentación abertos.
O parlamento europeo, adica tamén o día de hoxe a debater sobre a importancia dos estándares abertos, a través de dous paneis de debate, o primeiro sobre portabilidade e privacidade dos datos no sector da e-saúde, e un segundo sobre os estándares abertos en infraestruturas dixitais críticas. Karsten Gerloff o presidente da Free Software Foundation Europe abre a conferencia a partir das 10:00 da mañá.
Esta conferencia é pública e pode seguirse en directo.
Ademais, para os que non poidan seguila en directo, unha vez remate, estará dispoñible tamén no seguinte enderezo: http://www.greenmediabox.eu/archive/2013/03/27/3rd-document-freedom-day-in-the-european-parliament
Os estándares abertos garanten a liberdade de acceso aos nosos datos e aos nosos documentos así como a liberdade para que calquera poida desenvolver programas capaces de ler e escribir estes datos agora e no futuro. O uso de estándares abertos xera documentos libres. O uso de estándares pechados xera documentos cautivos dun software ou compañía determinados. O autor dos documentos non pode escoller como traballar con eles, xa que depende das restricións técnicas que a compañía lle impón.
[Ler máis]
2.47
393
Un ano máis, GPUL comeza a organizar unha nova edición das Xornadas Libres, que van xa pola súa XII edición.
Para os que aínda non o saiban, estas xornadas caracterízanse por contar cunha serie de charlas, obradoiros e concursos con contidos do máis heteroxéneo, pero sempre xirando arredor do mundo do software libre, do hardware libre, os estándares abertos, as licenzas, e a cultura libre en xeral.
As XII Xornadas Libres, dirixidas a todos os públicos con interese no mundo libre, celebraranse na Facultade de Informática da Universidade da Coruña do 22 ao 26 de abril de 2013.
Dende GPUL abriron o prazo para remitir propostas de charlas ou actividades que remata o vindeiro día 04/04/2013 ás 23:59 horas.
[Ler máis]
2
729
O CIXUG publica a convocatoria de procesos selectivos para cubrir un posto temporal de Coordinador e 3 postos temporais de Técnicos para a Oficina de Software Libre do Sistema Universitario Galego. Esta oficina, creada o ano pasado nunha unificación das 3 oficinas das universidades galegas, ten por obxectivo coordinar e maximizar os esforzos e o alcance da promoción e difusión do Software Libre na comunidade universitaria; estudantes, persoal de administración e servizos e persoal docente e investigador do Sistema Universitario Galego.
A AMTEGA, asina un ano máis un convenio de colaboración co CIXUG para levar a cabo unha serie de actuacións de promoción do Software Libre no ámbito universitario no marco do Plan de Acción en materia de Software Libre da Xunta de Galicia, que será presentado en breve.
Así, co obxecto de levar a cabo estas e outras actuacións, o CIXUG inicia o proceso selectivo para contratar ao persoal que desenvolverá os servizos da OSL: Coordinador da OSL, técnico da OSL na UDC, técnico da OSL na USC e técnico da OSL na UVigo.
O prazo de presentación de solicitudes rematará ás 14:00 horas do día 3 de abril de 2013.
[Ler máis]