Produtos
Anterior
  • GIMP

    GIMP (GNU Image Manipulation Program) é un programa para a edición de gráficos bitmap empregado habitualmente para retoque fotográfico, composición ou creación de imaxes....

    Máis información
  • Pidgin

    Pidgin é un cliente de mensaxería instantánea multiprotocolo, o que quere dicir que funciona cos protocolos de mensaxería máis comunmente usados, incluíndo: Yahoo! Messenger, MSN Mes...

    Máis información
  • Thunderbird

    O Mozilla Thunderbird é un cliente de correo libre desenvolvido dentro do proxecto Mozilla.org. Inclúe lector de RSS, cliente de Usenet e filtro antispam, entre outras moitas ferramenta...

    Máis información
  • GONG

    GONG (Gestión para ONGs) é un aplicativo para a xestión de ONGs de cooperación, é dicir, enfocada para ONGDs ( "D" de desenvolvemento)....

    Máis información
  • Firefox

    O Mozilla Firefox é un navegador web gratuíto, multiplataforma e de código aberto.Xa está dispoñíbel en Galego. Firefox 3 é máis rápido, seguro e lixeiro ca nunca. Con máis de 15 000 ...

    Máis información
Anterior

ACTIVIDADES

  • Axudámosche
  • Para a comunidade
  • Empresas
  • Galicia ascende ao posto número dous no Ranking de Universidades en Software Libre

    Publicado por Mancomún
    Mércores, 15 de Maio de 2013
    • Valoración 2.5
    • Lecturas 510
    • Galicia é a segunda comunidade autónoma con maior compromiso pola difusión do software libre nas universidades
    • A UDC ocupa a terceira posición do Ranking de Universidades en Software Libre, a USC a sexta e a Uvigo a novena praza

    PortalProgramas.com fai público hoxe o segundo Ranking de Universidades en Software Libre (RuSL, 2013) grazas ao que podemos coñecer cales son as universidades que máis difunden o software libre, en que aspectos destaca cada universidades así como cales son os factores que inflúen no seu uso.

    Posición das universidades galegas no RUSL 13Unha vez máis é a Universidade de Granada quen lidera este clasificación seguida pola Universidade das Palmas de Gran Canaria en segunda posición e a Universidade da Coruña en terceira posición. As outras dúas universidades galegas ocupan tamén moi boas posicións, estando a Universidade de Santiago de Compostela no sexto posto e a Universidade de Vigo no noveno.

    Esta escalada de postos das nosas universidades converten a Galicia na segunda comunidade autónoma con maior compromiso pola difusión do software libre nas universidades, fronte ao cuarto posto acadado o pasado ano.

    Para levar a cabo esta clasificación, este ano empregáronse 67 criterios agrupados en 11 dimensións, fronte ás 37 variables en 7 dimensións empregadas o pasado ano, o que segundo os responsables deste estudo, permite ofrecer mellores e máis fiables resultados.

     

    [Ler máis]
  • OpenMediaVault, sistema de almacenamento en rede baseado en Debian

    Publicado por Mancomún
    Luns, 13 de Maio de 2013
    • Valoración 1.33
    • Lecturas 346

    Captura de OpenMediaVaultSe a semana pasada falabamos de ownCloud, un software para montar o noso clon de Dropbox, hoxe tócalle a quenda a unha distribución Linux para montar un sistema de almacenamento en rede ou NAS - network attached storage - polas súas siglas en inglés: OpenMediaVault .

    Trátase dunha distribución Linux baseada en Debian pensada para instalar facilmente nun ordenador un sistema de almacenamento en rede con servizos como ssh, sftp, smb/cifs, rsync e moitos outros. Ademais grazas ao seu deseño completamente modular pódese mellorar a través de complementos ou plugins. OpenMediaVault está dispoñible integramente en galego, sendo un dos pouco máis de 15 idiomas aos que está traducido, grazas ao traballo de Miguel Bouzada, membro do proxecto Trasno.

    OpenMediaVault é simple e doado de empregar e permite que calquera poida instalar e administrar un dispositivo NAS sen necesidade de ser un experto. Está deseñado para ser empregado tanto en pequenas e medianas empresas como en entorno doméstico, aínda que non está limitado a estes escenarios.

    [Ler máis]
  • A AMTEGA promoverá máis de 50 actividades de formación e difusión de software libre en colaboración coas asociacións de usuarios e coas 3 universidades galegas

    Publicado por Mancomún
    Luns, 13 de Maio de 2013
    • Valoración 1.86
    • Lecturas 368
    • A AMTEGA achega a estas entidades 110.000 euros para o impulso do Software Libre a través de convenios de colaboración enmarcados nas actuacións do Plan de Software Libre da Xunta para o ano 2013
    • En conxunto desenvolveranse máis de 50 actividades comprendendo a organización de xornadas, cursos, obradoiros, o desenvolvemento de proxectos ou a elaboración de material formativo sobre Software Libre.

    A Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega) colaborará co Consorcio para o desenvolvemento de aplicacións Informáticas de Xestión Universitaria de Galicia (CIXUG), integrado polas tres universidades galegas, e con cinco Asociacións de Usuarios de Software Libre de Galicia (AGUSL) para impulsar a promoción e fomento do uso de software libre entre a cidadanía. As AGUSL que participan nesta iniciativa son GALPon, Ghandalf, GPUL, Melisa e Asociación Cultural Proxecto Trasno.

    En total, a Amtega achegará a estas entidades 110.000 euros, a través de convenios de colaboración, para o desenvolvemento de máis de 50 actividades que abranguen a organización de xornadas, cursos, obradoiros, o desenvolvemento de proxectos, a elaboración de material formativo e a tradución ao galego do software libre.

    [Ler máis]
  • Xornada de desenvolvemento de aplicacións para Firefox OS o sábado no XGN

    Publicado por Mancomún
    Venres, 10 de Maio de 2013
    • Valoración 3
    • Lecturas 352

    Firefox OS App Day Santiago de Compostela

    Firefox OS Apps DayDende Mozilla convidan a todos os interesados en aprender, hackear e desfrutar de Firefox OS , o novo sistema operativo libre para móbiles, a asistir a esta xornada e que terá lugar dende as 11:00 ata as 19:00 horas, cunha primeira parte durante a mañá para a introdución a Firefox OS e ao desenvolvemento de aplicativos para o mesmo e unha segunda parte pola tarde adicada a poñer mans á obra.

    Non é preciso estar inscrito na XGN pero si é necesario inscribirse nesta xornada na web de Mozilla.

    Non se trata dunha competición senón da oportunidade para iniciarse na creación de aplicativos móbiles para o Firefox Marketplace e o próximo dispositivo Firefox OS. Tamén é unha grande oportunidade para amosar o teu proxecto a unha boa audiencia de compañeiros, así como a líderes tecnolóxicos e innovadores. Así durante a xornada tratarase de que os asistentes creen aplicativos web abertos, que funcionen ben en dispositivos móbiles para FirefoxOS e en Firefox para Android. Aínda que tamén é posible levar unha aplicación HTML5 para continuala, finalizala, pulila ou simplemente presentala.

    [Ler máis]

Repositorio Documental FLOSS

Consulta a documentación no wiki de Mancomún

Máis información