Produtos
Anterior
  • GIMP

    GIMP (GNU Image Manipulation Program) é un programa para a edición de gráficos bitmap empregado habitualmente para retoque fotográfico, composición ou creación de imaxes....

    Máis información
  • Pidgin

    Pidgin é un cliente de mensaxería instantánea multiprotocolo, o que quere dicir que funciona cos protocolos de mensaxería máis comunmente usados, incluíndo: Yahoo! Messenger, MSN Mes...

    Máis información
  • Thunderbird

    O Mozilla Thunderbird é un cliente de correo libre desenvolvido dentro do proxecto Mozilla.org. Inclúe lector de RSS, cliente de Usenet e filtro antispam, entre outras moitas ferramenta...

    Máis información
  • GONG

    GONG (Gestión para ONGs) é un aplicativo para a xestión de ONGs de cooperación, é dicir, enfocada para ONGDs ( "D" de desenvolvemento)....

    Máis información
  • Firefox

    O Mozilla Firefox é un navegador web gratuíto, multiplataforma e de código aberto.Xa está dispoñíbel en Galego. Firefox 3 é máis rápido, seguro e lixeiro ca nunca. Con máis de 15 000 ...

    Máis información
Anterior

  • Axudámosche
  • Para a comunidade
  • Empresas
  • A Amtega convoca a VIII edición do Premio ao mellor proxecto universitario con licenza libre

    Publicado por Mancomún
    Martes, 26 de Maio de 2015
    • Valoración 3
    • Lecturas 572
    • Pode presentarse calquera estudante do Sistema Universitario Galego que teña defendido o seu Proxecto de Fin de Carreira, Traballo de Fin de Grao ou Traballo de Fin de Mestrado nalgunha das convocatorias do ano académico 2014-2015.
    • O premio ten unha dotación económica de 2.250 euros, repartidos nun primeiro premio de 1.500 euros e un segundo premio de 750 euros e grazas á achega do CIXUG e a asociación universitaria GPUL.
    • O prazo de presentación de candidaturas estará aberto ata o 30 de setembro de 2015.

    Cartel do premio ao mellor proxecto universitario con licenza libre

    A Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega) convoca un ano máis o Premio ao Mellor Proxecto Universitario con Licenza Libre, que vai xa pola súa VIII edición. O premio está dotado con 2.250 euros, repartidos nun primeiro premio de 1.500€ e a posibilidade de outorgar un segundo premio de 750€, se o xurado o considera adecuado pola calidade dos proxectos presentados.

    Os patrocinadores desta edición son o CIXUG (Consorcio para o desenvolvemento de aplicacións para a Xestión Universitaria), cunha achega de 1.500€ e a asociación universitaria GPUL (Grupo de programadores e usuarios de Linux) cunha achega de 750€, ambos ao abeiro dos respectivos convenios de colaboración asinados coa Amtega para a realización de actividades de promoción do Software Libre en Galicia.

    [Ler máis]
  • GALPon beca finalmente a dúas rapazas para asistir ao Campus Tecnolóxico UGR 2015 para rapazas

    Publicado por Mancomún
    Luns, 25 de Maio de 2015
    • Valoración -
    • Lecturas 260

    Imaxe do Campus tencolóxico para rapazas da UGRA principios deste mes, informabamos que GALPon convocaba unha bolsa para que unha rapaza da nosa comunidade puidera asistir ao “Campus Tecnológico UGR para Chicas 2015” que se celebrará do 29 de xuño ao 10 de Xullo na Escola Técnica Superior de Enxeñerías Informática e de Telecomunicación da Universidade de Granada.

    Finalmente as afortunadas son dúas:

    • Sara Rodríguez Barrientos de 15 anos, estudante de 3º da ESO no I.E.S. Fco. Daviña Rey de Monforte de Lemos, Lugo
    • Clara Piñeiro Ordoñez de 17 anos, estudante de 1º de BAC no IES Praia Barraña de Boiro, A Coruña

    Dende GALPon, informan que trala selección feita polos seus colaboradores (mestres de tecnoloxía en diferentes centros de Galicia) entre as solicitudes recibidas, non foron quen de decidir cal era a mellor candidatura, habendo un empate entre dúas rapazas. Finalmente, grazas a unha achega anónima dun socio de GALPon, decidiron que fosen ambas candidatas as que gozarán desta bolsa cun importe máximo de 1.000€ cada unha.

    Parabens a estas dúas estudantes, e ogallá teñan unha boa experiencia neste campus tecnóloxico.

    [Ler máis]
  • Os axentes galegos do Software Libre colaboran coa Amtega en preto do 30% das acción do plan de Software Libre da Xunta de 2015

    Publicado por Mancomún
    Mércores, 13 de Maio de 2015
    • Valoración 2
    • Lecturas 396
    • A Amtega asinou hoxe coas universidades e asociacións de empresas e usuarios de software libre os convenios para o desenvolvemento de 26 das 95 accións do Plan de Software Libre 2015 da Administración autonómica.
    • A Xunta iniciou xa a migración a software libre de 1.500 postos de traballo de empregados públicos
    • Aposta polas ferramentas de software libre en proxectos de calado para a Administración como o Arquivo Electrónico Administrativo (ARPAD) ou o sistema de rexistro único da Xunta de Galicia (AIRES)
    • Incorporará ao Centro Demostrador TIC Virtual dúas novas solucións libres que as pemes galegas poderán probar de balde

    Sinatura dos Convenios de colaboración con AGUSL, CIXUG e AGASOL

    A directora da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega), Mar Pereira, asinou esta mañá os convenios de colaboración cos axentes galegos do Software Libre, aos que trasladou as liñas de acción do Plan de Software Libre 2015, no que participan con 26 das 95 actividades previstas.

    Un ano máis a Amtega colaborará co Consorcio para o desenvolvemento de aplicacións Informáticas de Xestión Universitaria de Galicia (CIXUG), integrado polas tres universidades galegas; coa Asociación Galega de Empresas de Software Libre (AGASOL); e coas seis Asociacións de Usuarios de Software Libre de Galicia (AGUSL) para impulsar a promoción e fomento do uso de software libre entre a cidadanía. As AGUSL que participan nesta iniciativa son GALPon, Ghandalf, GPUL, Melisa, Asociación Cultural Proxecto Trasno e XeoPesca.

    [Ler máis]
  • Curso práctico de programación e adaptación de Prestashop

    Publicado por Mancomún
    Martes, 12 de Maio de 2015
    • Valoración 1.75
    • Lecturas 342

    Logo do CPEIGO CPEIG organiza un Curso Práctico de Programación e Adaptación de Prestashop, dirixido a desenvolvedores web que queiran capacitarse no uso de Prestashop para implementar proxectos web complexos de comercio electrónico. O curso celebrarase do 25 ao 28 de maio en horario de tarde, de 16:00 a 20:30 horas.

    Prestashop é un dos xestores de tendas de comercio electrónico máis empregados na actualidade. Está programado en PHP e conta coa posibilidade de configurar diferentes plantillas, módulos e extensións.

    Este curso formativo consta dunha duración de 18 horas presenciais, divididas en 4 sesións de 4:30 horas cada unha. Seguirá unha metodoloxía da acción formativa totalmente práctica, onde o alumnado, desde a primeira lección, creará e modificará un portal a través dos exercicios propostos. O curso ten prazas limitadas, ofertándose un total de 20 prazas.vogal4@cpeig.org.

    [Ler máis]

En profundidade

Solucións de planificación e xestión dos recursos empresarias (ERP) con Software Libre: Odoo/OpenERP Máis información

Repositorio Documental FLOSS

Consulta a documentación no wiki de Mancomún

Máis información