5
5 
Neste mes de febreiro, a oferta de obradoiros relacionados con aplicativos de software libre da Rede de Dinamización continúa na liña dos meses anteriores. Así, segundo os datos dispoñibles na súa web, neste mes impartiranse os seguintes obradoiros dirixidos tanto á poboación en xeral como a empresas e outros colectivos:
3
62
Alberto López Tallón, funcionario da administración xeral do estado centrado na xestión de proxectos tecnolóxicos no ámbito da administración electrónica e a Lei 11/2007, vén de publicar a primeira edición do Manual práctico de supervivencia en la administración electrónica baixo unha licenza Creative Commons Recoñecemento - non comercial.
Trátase dunha guía práctica concibida para aprender a empregar os servizos electrónicos da Administración Pública na que ademais o autor recolle os fundamentos teóricos e legais precisos para comprender a administración electrónica no seu conxunto, que conta cun capítulo completo adicado ao software libre e de fontes abertas no contexto da Administración Pública.
O manual está dirixido fundamentalmente ao cidadán e aos empregados públicos, aínda que inclúe tamén recadros e capítulos específicos que abordan detalles técnicos orientados aos responsables de proxectos e servizos de administración electrónica, de forma que poidan ser saltados facilmente polos lectores non interesados en profundar nesa parte técnica.
[Ler máis]
3.5
54 
eBox Technologies anunciou onte a publicación da nova versión estable da súa plataforma eBox, servidor Linux dirixido á pequena e mediana empresa que pode actuar como pasarela de rede (gateway), xestor unificado de ameazas de seguridade (UTM), servidor de oficina, xestor da infraestrutura de rede, servidor de comunicacións unificadas ou unha combinación de todas elas.
Esta nova versión incorpora unha serie de melloras e novas funcionalidades. Así por primeira vez introduce opcións de SaaS, tales como a realización de copias de seguranza remotas ou chamadas VoIP de baixo custe a teléfonos móbiles e fixos de todo o mundo, convertendo a plataforma eBox nunha opción de servidor cada vez máis atractiva tanto para as pemes como para os provedores de servizos TIC enfocados ao mercado das pemes.
En palabras de Ignacio Correas, Director Xerente de eBox Technologies, “Agora non só ofrecemos unha completa funcionalidade de servidor e un mellor contorno para provedores TIC para prestación de servizos a través de eBox Control Center, senón que tamén se integran na plataforma unha serie de servizos de subscrición na nube, unindo nunha tecnoloxía común o potencial do código aberto, SaaS e computación na nube.”
[Ler máis]
1
128 O pasado venres publicáronse no BOE dous reais decretos que regulan a relación entre a cidadanía e as administracións: o Esquema Nacional de Seguridade e o Esquema Nacional de Interoperabilidade no ámbito da Administración Electrónica.
O Esquema Nacional de Interoperabilidade ten por finalidade crear as condicións necesarias para garantir o adecuado nivel de interoperabilidade técnica, semántica e organizativa dos sistemas e aplicacións empregados polas Administracións Públicas, para evitar a discriminación dos cidadáns por razón da súa elección tecnolóxica. Nel existen indicacións claras respecto do uso de estándares abertos e publicación de aplicativos das administracións como software libre.
No artigo 11, establécese que as administracións públicas usarán estándares abertos, ou no seu caso de forma complementaria, estándares de uso xeneralizado polos cidadáns, co fin de garantir a independencia na elección de alternativas tecnolóxicas polos cidadáns e outras administracións. O uso dun estándar non aberto sen ofrecer unha alternativa en estándar aberto limitarase exclusivamente a aquelas situacións para as que non exista un estándar aberto que satisfaga as necesidades e só mentres se cumpra esta condición. Ademais indica que as administracións deberán promover actividades de normalización para facilitar a disposición de estándares abertos que cubran as súas necesidades. O Estado desenvolverá un catálogo de estándares que satisfagan as condicións deste artigo, de forma estruturada e con indicación dos criterios de selección e ciclo de vida aplicados.
[Ler máis]
Sindicación RSS: Novas