2.33
178 O subdirector xeral de Infraestruturas e Telecomunicacións da Secretaría Xeral de Modernización, Adrián Lence, participou hoxe na Conferencia Internacional de Software Libre que organizan a Juntas de Andalucía e Extremadura e máis o CENATIC (Centro Nacional de Referencia de Aplicación das Tecnoloxías da Información e a Comunicación baseadas en fontes abertas).
Na súa intervención, Lence destacou as liñas estratéxicas do Plan de Software Libre que a Xunta puxo en marcha en 2010 e continuou en 2011 co obxectivo prioritario de impulsar o uso do software libre e de fontes abertas (Floss) no sector empresarial e na sociedade en xeral. Con esta finalidade o Plan estableceu e permitiu a execución preto de 120 actuacións en colaboración coas asociacións galegas de usuarios e empresas de software libre, así como coas tres universidades galegas.
Ademais das liñas de acción establecidas no Plan, a Xunta continúa tomando decisións estratéxicas para desenvolver proxectos de calado baseados en software libre. Bos exemplos son iniciativas tan importantes como o desenvolvemento da Administración electrónica ou a integración das TIC na Educación a través do proxecto Abalar.
3
339
Como vos informamos anteriormente Granada acolle este ano a Conferencia Internacional de Software Libre 2012 (Open Source World Conference) durante os días 12 e 13 de xaneiro.
Ademais da OSWC, durante estes dous días celébranse, no marco do evento Máis Dixital, outra serie de foros tanto abertos ao público como de acceso restrinxido, que converterán a Granada no centro de referencia no ámbito da innovación, as novas tecnoloxías e o software libre. Segundo a nota de prensa distribuída pola organización, máis de 2000 persoas congregaranse no Palacio de Exposicións e Congresos da cidade andaluza para participar nestes eventos.
Trátase sen dúbida dunha excelente ocasión para divulgar as excelencias do sector do software libre galego, así como dos principais casos de éxito de uso e desenvolvemento de software libre en Galicia.
Así, un ano máis, a Xunta de Galicia estará presente nesta conferencia internacional de software libre, organizada pola Junta de Andalucía, a Junta de Extremadura e CENATIC, tanto participando en diversas mesas e sesións da axenda da conferencia como aproveitando a ocasión para manter contactos e relación cos expertos en software libre que se achegarán estes días a Granada.
[Ler máis]
-
158
A asociación Xeoinquedos, da que xa temos informado noutras ocasións, organiza para o vindeiro día 13 de Xaneiro un obradoiro sobre a plataforma ikiMap.
IkiMap é unha rede social para compartir mapas e información cartográfica. Trátase dun servizo gratuíto que permite aos usuarios rexistrados publicar e compartir os seus mapas en Internet, recibir comentarios, achegas e valoracións doutros usuarios.
Esta ferramenta foi desenvolvida integramente empregando tecnoloxías libres por Sixtema, empresa galega ubicada en Santiago e orientada a asesorar e desenvolver novas ferramentas no campo da informática e os Sistemas de Información Xeográfica.
O obradoiro comporase de dúas partes, unha máis teórica onde se falará do que é ikiMap, das súas orixes, do camiño percorrido, do estado actual, da creación da API así como do concepto de ikiMap Labs de posteriormente dunha parte práctica na que verá exemplos de desenvolvementos para que ao final os asistentes sexan quen de crear os seus propios aplicativos facendo uso da API de ikiMap.
[Ler máis]
1.75
336
Mañá venres 25 de novembro dende as 16:00 horas celebraranse no Centro Social Novacaixagalicia, na rúa Policarpo Sanz 24-26 en Vigo as xornadas sobre «Desenvolvemento Web, PHP, HTML5 e Symfony2» organizadas pola asociación GALPon e coa colaboración de Novacaixagalicia, Ultreia e Tegnix
Estas xornadas teñen como obxectivo fomentar o interese sobre o excelente «framework» Symfony e crear unha comunidade activa ao seu redor con vistas a celebrar “meetups” periódicas, coñecer as necesidades de empresas e profesionais respecto á súa formación nesta ferramenta, así como coñecer empresas a nivel nacional, realizar «networking» e en resumen sentar os alicerces dunha iniciativa de colaboración profesional.
Symfony2 é un «framework» de desenvolvemento web PHP, mais tamén é unha filosofía de traballo e unha comunidade próspera. Symfony2 é moito máis rápido que outros frameworks, proporcionando unha flexibilidade e escalabilidade extraordinarias. Está a espertar moito interese como demostra o éxito das xornadas en Castellón realizadas os pasados días 1,2 3 de xullo do 2011, que contaron cunha participación duns 170 asistentes, superando ás do ano anterior, así como o éxito de convocatoria destas xornadas a celebrar en Vigo que superaron todas as expectativas, e para as que houbo que pechar a inscrición aos poucos días de abrila por motivo de aforo, xa que se superaron os 50 inscritos para unha sala de 30 persoas.
[Ler máis]
2.57
290
Coincidindo coa celebración da Trasnada 11.1 en Vigo, Trasno fixo públicas as conclusións do Xurado dos Premios aos mellores PFC de desenvolvemento en aplicativos libres para a localización (l10n) así como o gañador do Premio, D. Leandro Regueiro Iglesias.
O Xurado estivo composto por:
Actuou como Secretario do mesmo, sen voz nin voto:
D. Miguel Anxo Bouzada, na súa calidade de Vicepresidente da «Asociación Cultural para a Galeguización de Software Libre Proxecto Trasno»
[Ler máis]
2.33
431
A OSL da UDC organiza para os vindeiros días 21 a 25 de novembro de 16:30 a 20:30 unhas Xornadas Técnicas de Software Libre dirixidas fundamentalmente ao alumnado da Facultade de Informática das distintas titulacións así como outras carreiras técnicas.
O obxectivo das xornadas é formar aos asistentes nunha serie de ferramentas libres moi presentes na actualidade, ofrecendo formación especializada de cada unha delas ao mesmo tempo que difundir o coñecemento e o uso do software libre. As ferramentas coas cales se traballará nestas xornadas serán Python, Django, Android, GStreamer, LXC, Erlang, Haskell, Asterisk e LaTeX.
As xornadas terán lugar na Aula Libre da UDC, sita no Edificio Servizos Centrais de Investigación Andar -3 Campus de Elviña
[Ler máis]
1.9
295
O equipo de coordinación do desenvolvemento de GALPon MiniNo convoca a II MiniNo DevConf para o vindeiro día 5 de novembro en Vigo. O obxectivo desta reunión de desenvolvedores e colaboradores do proxecto MiniNo é analizar a proposta de obxectivos definida para a próxima versión 2.0 da distro GALPon MiniNo.
GALPon MiniNo é unha distribución GNU/Linux que en palabras dos seus desenvolvedores: “non pretende ser unha solución ultra rápida para equipos de última xeración, senón que busca ser razoablemente útil en computadores moi antigos e con baixos recursos”. Aínda que as actuais versións de MiniNo cobren este obxectivo, o equipo de desenvolvemento quere poñerse mans á obra cunha nova versión na que afinar certos aspectos para facela máis sinxela, usable e fácil de manter.
[Ler máis]
2
262 [ACTUALIZADA: Por motivos alleos á organización, a Trasnada muda de lugar de celebración, pasando a celebrarse no local de Amigos da Terra, na rúa Policarpo Sanz, nº 17, entreplanta, Vigo]
O vindeiro sábado 12 de novembro, de 10:00 a 19:30 horas, a Asociación Trasno celebrará a terceira edición das Trasnadas, desta volta na cidade de Vigo, logo de térense celebrado as dúas edicións anteriores na vila de Ordes e en Ourense respectivamente.

A Trasnada é unha xornada de carácter cíclico, que serve de punto de encontro para os tradutores de software libre ao galego, con dous obxectivos fundamentais: fixar terminoloxía no ámbito da tradución para aumentar a calidade das tradución e servir de escaparate ao expor ao público o traballo destes voluntarios a prol da normalización da lingua galega nas tecnoloxías libres. Habitualmente resérvase tamén un espazo para a difusión e formación de novos interesados en colaborar na localización.
Os resultados destas xornadas soen ser glosarios terminolóxicos que logo son de aplicación nas traducións dos principais proxectos libres como Mozilla, Ubuntu, LibreOffice, Gnome, Kde, ...
[Ler máis]
3.31
330 A asociación Inestable de Ordes organiza un barcamp de Arduino o vindeiro sábado día 5 de novembro, co que esta asociación da un novo paso na súa relación coa temática relacionada cos robots realizando unha introdución na filosofía do hardware libre da man de Arduino.
Así, o pasado ano realizou obradoiros de programación de robots con software libre coa plataforma LeJos, e este ano xa se achegou a Arduino cun relatorio nas VIII Xornadas de Software Libre de Ordes.
O vindeiro sábado 5 de Novembro durante todo o día (de 0:00 a 14:00 horas e de 16:00 a 21:00 horas) na Casa da Cultura de Ordes celebrarase unha xornada de introdución a Arduino co formato barcamp. Un Barcamp é unha reunión que xorde do desexo da xente de compartir e aprender nun ambiente aberto. Estrutúrase nu ambiente informal de forma que sexa posible a participación de xente con diversos perfís de coñecementos que sen a rixidez dun programa completamente pechado, poden intervir nas discusións, realizar demostracións, alentando en todo momento a interacción de todos os participantes.
Nesta ocasión cóntase coa presenza dos poñentes a Oscar González e a AlexTC de BricoGeek que exporán os seguintes temas:
2.9
278
O día 14 de outubro de hai 15 anos que Matthias Ettrich enviaba o correo "New Project: Kool Desktop Environment (KDE) [14th October 1996 03:00] Programmers wanted!" que marcou o nacemento de KDE.
Para celebralo a comunidade KDE de todo o mundo está organizando diversas celebracións mundiais e por toda a xeografía española.
A asociación GPUL, en colaboración con KDE España, quere unirse a este día organizando unha xornada festiva para o venres 14 de Outubro, incluíndo as seguintes actividades: