buy cialis cheap
generic viagra safe
buy lady uk viagra
where to buy viagra without a prescription
buy viagra generic 50mg
marijuana and cialis
cvs pharmacy viagra
purchase viagra without a prescription
dr order generic cialis
cialis 40mg
best price generic cialis 20 mg
herbal equivalent of viagra
cialis delivery
viagra and oxycodone
south beach diet buy viagra
RSS enviar por correo-e Imprimir

Mancomún

  • GNome 3.14 dispoñible 100% en galego

    Publicado por Mancomún
    Luns, 20 de Outubro de 2014
    • Valoración 1.88
    • Lecturas 600

    Logo de gnome en galegoO equipo galego de tradución de GNOME anunciaba a finais do pasado mes que xa tiñamos dispoñible a nova versión do contorno de escritorio GNOME 3.14 completamente traducida ao galego.

    Segundo indican na súa nota, esta nova publicación ven cargada de novidades no software e tamén dun gran traballo de tradución, xa que manteñen o nivel de tradución da interface no 100%. Para facernos unha idea do volume de traballo realizado, destacar que a tradución da interface foron 37.222 cadeas e 172.185 palabras e no caso da documentación, 6.598 cadeas e 72.693 palabras.

    Os interesados en botar unha man a este equipo e contribuír a manter este escritorio así como a súa documentación dispoñibles en galego, poden unirse ao grupo sen máis que darse de alta. O equipo galego de tradución de GNOME conta cunha serie de manuais de introdución aos procedementos de tradución de GNOME para orientar aos novos colaboradores.

    [Ler máis]
  • Vreixo González e Iago Veloso gañadores do Premio ao mellor PFC con licenza libre

    Publicado por Mancomún
    Luns, 20 de Outubro de 2014
    • Valoración 2.67
    • Lecturas 931

    Este venres 17 de outubro tivo lugar o acto de defensa dos 5 finalistas da VII edición do Premio ao mellor Proxecto de Fin de Carreira con Licenza Libre tralo cal procedeuse a dar a coñecer o fallo do xurado.

    Gañadores da VI edición do Premio ao mellor PFC con licenza libreA Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega) concedeu o Premio ao Mellor Proxecto Fin de Carreira con Licenza Libre a Vreixo González Caneda da Universidade da Coruña polo proxecto “Aplicativo de cálculo de rutas en transporte público con software libre” consistente no desenvolvemento dun aplicativo para o sistema operativo Android, que ofrece cálculo multimodal de rutas en distintos medios de transporte publico, a pé e en bicicleta co obxectivo de servir de ferramenta de busca das mellores rutas. Este recoñecemento ten unha dotación económica de 1.500 euros achegada polo CIXUG ao abeiro do Convenio de colaboración asinado coa AMTEGA.

    Ademais, concedeuse tamén un segundo premio a Iago Veloso Abalo polo proxecto “ Sistema de grabación automática da emisión en directo dunha emisora de radio comunitaria con Software Libre” consistente nunha aplicativo web para a xestión da programación dunha radio comunitaria, así como dun sistema de gravación e publicación automática das emisións, cunha dotación económica de 750€ achegados pola Asociación GPUL, colaboradora da iniciativa ao abeiro do convenio de colaboración asinado coa AMTEGA.

    [Ler máis]
  • Finalistas para o Premio ao mellor PFC con licenza libre

    Publicado por Mancomún
    Mércores, 15 de Outubro de 2014
    • Valoración 2.56
    • Lecturas 666

    O vindeiro venres 17 de outubro a partir das 16:00 horas terá lugar o acto de entrega da VII edición do Premio ao mellor Proxecto de Fin de Carreira con Software Libre que convoca a Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega) coa colaboración da Oficina de Software Libre do CIXUG. O acto celebrarase na Sala Eisenman da Cidade da Cultura.Imaxe do premio

    O pasado 30 de setembro rematou o prazo de presentación de candidatos ao premio, cun récord histórico de participación.

    Recibíronse un total de 15 inscricións, completando 14 candidatos todos os pasos requiridos para a participación. Cómpre destacar ademais da cantidade, a variedade de áreas e a calidade de todos eles, habendo por primeira vez dous proxectos que, ademais de desenvolvemento de software publicado con licenza libre, empregaron tamén hardware libre.

    Con estes datos, podedes imaxinar que a tarefa do xurado para a elección dos finalistas non foi un traballo doado. Segundo se recollía nas bases, ademais da calidade técnica dos traballos, o xurado valorou especialmente o correcto licenciamento dos proxectos así como o uso de metodoloxía de traballo propia dos desenvolvementos en aberto.

    [Ler máis]
  • A asociación GHANDALF achega o software libre a máis de 250 alumnos da ESO e ciclos superiores

    Publicado por Mancomún
    Mércores, 15 de Outubro de 2014
    • Valoración 2.57
    • Lecturas 481

    Logo da asociación GhandalfSegundo nos informan dende a asociación Ghandalf, durante estas últimas semanas máis de 250 alumnos pertencentes a diferentes niveis da ESO e de ciclos superiores, así como tamén algúns profesores dos centros implicados, recibiron por parte da asociación GHANDALF unha serie de charlas formativas en materia de software libre.

    O pasado día 1 de outubro, no CPI Alcalde Xosé Pichel de Coristanco, tivo lugar a primeira destas charlas, na que arredor de 100 alumnos de 1º e 2º da ESO, así como parte do profesorado do centro, recibiron unha charla de introdución ao software libre. Nesta sesión os asistentes tiveron a oportunidade de descubrir que é o software libre, como se obtén, que vantaxes achega e mesmo darse conta de que o estaban a empregar a diario sen ser conscientes dilo. Na segunda parte da charla viron exemplos de ferramentas libres que se poden empregar para as tarefas máis habituais como pode ser a ofimática, navegación por internet, retoque fotográfico, xogos, etc.

    Por outra banda, no IES Xulián Magariños de Negreira, onte mesmo, tiveron lugar outras dúas sesións, nas que participaron máis de 150 persoas en total.

    [Ler máis]
  • Mapping Party de OpenStreetMap en Vigo

    Publicado por Mancomún
    Xoves, 9 de Outubro de 2014
    • Valoración 2.08
    • Lecturas 967

    O vindeiro sábado 25 de Outubro terá lugar en Vigo unha Mapping Party do proxecto OpenStreetMap. Esta actividade, organizada por GALPon coa colaboración de Xeoinquedos, está enmarcada dentro dos Sábados Libres na Altamar.

    Unha mapping party, ou festa dos mapas, é un encontro de xente interesada no proxecto OpenStreetMap que se xuntan para cartografar un determinado lugar de xeito colaborativo. Os participantes percorren sectores previamente asignados facendo un levantamento de toda a información relevante que pode ser incluída no mapa: nomes de rúas, números dos portais, sentidos da circulación, establecementos, edificios públicos, etc...

    Estas festas dos mapas son tamén actividades sociais, nas que a xente comparte trucos e experiencias, axuda a formarse a novos colaboradores e se comparte coñecemento arredor deste gran proxecto.

    [Ler máis]
  • Xornada técnica sobre OpenNebula no CDTIC

    Publicado por Mancomún
    Luns, 6 de Outubro de 2014
    • Valoración 1
    • Lecturas 616
    • O CDTIC acollerá a primeira xornada técnica celebrada en Galicia sobre OpenNebula, unha alternativa en software libre para cloud computing.
    • Celebrarase o 8 de outubro, organizada pola Asociación Galega de Empresas de Software Libre, Agasol.
    • Será impartida polo enxeñeiro Jaime Melis, un dos creadores desta ferramenta e impulsor da comunidade OpenNebula.

    Logo de OpenNebulaA Asociación Galega de Empresas de Software Libre (Agasol) organiza o mércores día 8 de outubro, nas instalacións do Centro Demostrador TIC en Santiago de Compostela, a xornada TechDay de OpenNebula. A inscrición ás xoradas é de balde, limitada unicamente ao aforo da aula.

    O obxectivo principal é aprender a utilizar esta plataforma, unha alternativa en software libre para cloud computing, así como coñecer experiencias de uso da comunidade local. Da man de Jaime Melis, os participantes aprenderán  a construír, configurar e operar a súa propia nube privada con OpenNebula. Non se requiren coñecementos previos de OpenNebula, pero é recomendable que os participantes teñan coñecementos básicos de sistemas Unix / Linux virtualización e redes.

    [Ler máis]
  • XIII Xornadas Libres de GPUL

    Publicado por Mancomún
    Venres, 3 de Outubro de 2014
    • Valoración 1.89
    • Lecturas 593

    A vindeira semana, do 8 ao 10 de outubro terá lugar unha nova edición das Xornadas Libres do Grupo de Programadores e Usuarios de Linux (GPUL) na Facultade de Informática da Universidade da Coruña. Estas son xa as XIII xornadas, o que fai delas un dos eventos de promoción do software libre máis antigo da nosa terra.

    Imaxe do banner do portal das Xornadas Libres

    Un ano máis estas xornadas, contarán co apoio de antigos alumnos da facultade, de socios do GPUL, de empresas do sector e doutras asociacións comprometidas co mundo libre, co obxectivo de achegar aos asistentes ao mundo do hardware, software e a cultura libre en xeral.

    Durante os 3 días que duran as xornadas, haberá diversas actividades de todos os niveis, dende introdutorio a avanzado e enfocadas tanto a estudantes como a profesionais do sector.

    [Ler máis]
  • Santiago acolle esta fin de semana o I Encontro ibérico de tradutores de Software Libre

    Publicado por Mancomún
    Martes, 30 de Setembro de 2014
    • Valoración 2.25
    • Lecturas 786
    • Pascal Chevrel, o responsable de internacionalización de mozilla.org, asistirá ao I Encontro ibérico de tradutores de Software Libre a linguas minorizadas.
    • Os días 4 e 5 de outubro Santiago de Compostela acolle este primeiro encontro baixo o lema “Porque acceder á tecnoloxía no noso idioma é un dereito!
    • Galicia, Asturias, Aragón, Euskadi e Cataluña estarán representadas neste encontro de grupos nacionais de tradución de software a linguas minorizadas.

    Banner do Encontro Ibérico de tradutores de software libre

    Esta fin de semana reuniranse en Santiago de Compostela por primeira vez todos os grupos de tradutores de Software Libre ás linguas minorizadas, ou en risco de desaparición, da península ibérica: SoftAstur, Librezale, SoftAragonés e SoftCatalá, exercendo Proxecto Trasno de anfitrioa deste primeiro encontro.

    A organización informa que ademais dos integrantes dos devanditos grupos de tradución, asistirá tamén algún membro de equipos de tradución extrapeninsulares, como é o caso do Francés representado por Pascal Chevrel, quen ademais é o responsable de internacionalización de mozilla.org, quen contribuirá á posta en común para a mellora dos procesos de traballo destas comunidades de tradución.

    A Oficina de Coordinación de Software Libre da Amtega, estará tamén presente neste encontro, para escoitar as demandas e necesidades da comunidade de tradución de software libre de Galicia.

    [Ler máis]
  • María Oliveira, doutora de estatística pola USC, recibe o premio John Chambers Statistical Software

    Publicado por Mancomún
    Venres, 26 de Setembro de 2014
    • Valoración 1.4
    • Lecturas 577

    Logo do software estatístico RHai uns días falabamos da necesidade de superar a fenda de xénero nas TIC e especialmente no eido do Software Libre a raíz da xornada Freeday4Girls, Software Libre e muller, facendo énfase na necesidade de visibilizar experiencias de mulleres que sirvan de modelo ás futuras profesionais.

    Hoxe informamos de que a doutora en Estatística pola USC María Oliveira Pérez recibiu o premio John Chambers Statistical Software na súa edición de 2014, pola elaboración dun paquete para o software estatístico R, que distribúe con licenza libre . É primeira vez que este premio é recibido por unha universidade española, converténdose así María Oliveira na primeira muller española que recibe este galardón, dotado cun premio en metálico de 1.000 dólares.

    [Ler máis]
  • Nova edición do Kernel 2014 incluíndo celebración do Día da Liberdade do Software

    Publicado por Mancomún
    Venres, 19 de Setembro de 2014
    • Valoración 1.83
    • Lecturas 621

    Hoxe arranca o "XI Ciberencontro Kernel 2014" na Casa da Cultura do Concello de Mugardos, unha nova edición deste evento lúdico-tecnolóxico que vén celebrando Mugardos dende o ano 2004.O evento é organizado conxuntamente pola Asociación Comunidade O Zulo e o Concello de Mugardos.

    Banner do kernel 2014Durante toda a fin de semana daranse cita máis de 60 persoas apaixonadas polas tecnoloxías e polo Software Libre. Ademais dos inscritos pode acudir calquera persoa interesada en asistir de público aos numerosos relatorios que terán lugar no mesmo.

    Como en todas as edicións, o Software Libre ten un espazo de seu no Kernel. 

    Celebración do "Día da liberdade do software"

    Así, como se pode ver no programa, ademais do Drupal BoF, reunión informal na que hoxe a partir das 20:30 compartirán experiencias sobre o xestor de contidos libre Drupal, mañá sábado, dende as 12:00 terá lugar, como xa vén sendo habitual nos últimos anos, a celebración do "Día da liberdade do software".

    Diversos entusiastas do software e cultura libres xuntaranse para contar as súas experiencias como comunidade:

    [Ler máis]
Sindicación RSS Sindicación RSS: Novas