3.33
43 Un executivo de Sun dixo a pasada martés que SUN esta a poucos mese de liberar a súa linguaxe de programación privativa Java baixo unha licenza open source
Simon Phipps, director da oficina de open-source de SUN, sixo que a compañía está decidindo sobre duas dúbidad pfincipais: como mater Java compatible e asegurar que ningunha compañía individual usa a súa forza de marketing como factor determinante para construir a súa propia implementación, un movemento que amenazaría a principal propiedade de Java "escribeo unha vez, e executalo en calquer lugar"
"Manter ambas dimesións de compatibilidade e un imprescidible, xa que o mercado de Java e un mercado aberto inmenso e de moito éxito na que moitas compañías sirven a moitas outras", dixo Phipps. Non e tolerable facer un cambio que introduza cambios que fagan Java menos compatible que na actualidade.
3
46 Para finais do 2007, máis de 400.000 equipos da administración pública francesa terán instalado OpenOffice segundo pode lerse no Le monde d'Adèle. Esta migración masiva acompáñase tamén de numerosas accións de formación. ...
3.6
43 O goberno dinamarqueś lanzará un progama piloto en setembro de 2006 e cunha duración de 4 meses co obxectivo da publicación de documentos no OpenDocument Format (ODF) como parte do proxecto global do pais para o uso de estándares de computo.
O programa comenzará cos ministerios de finanzas e ciencia, dixo Adam Lebech, director da división de tecnoloxías da información do Ministerio de Ciencia, Tecnoloxía e Innovación.
Xunto co formato ODF, os ministerios dinamarqueses continuarán publicando documentos usando HTML, formato doc de Microsoft, e PDF de Adobe Systems, dixo Lebech.
Mais información en: http://www.computerworld.com.au/index.php/id;1532219476;fp;16;fpid;0
[Ler máis]
3.8
49 Xa está accesible no observatorio de mancomun.org o documento sobre políticas e iniciativas de Software Libre feito pola Universidade de A Coruña (UDC). Este informe é froito do traballo desenvolvido pola UDC dentro do convenio asinado co CESGA para a realización de accións encamiñadas a impulsar o Software Libre na nosa comunidade.
2
69 O goberno belga empregará o formato OpenDocument (aprobado pola ISO) para a súa comunicación interna. Na elección valorouse o formato de OASIS fronte o formato XML de Microsoft. Con esta iniciativa, que poráse en práctica a partires de Setembro de 2008, e para o cal o goberno belga formará a todo o seu personal, todos os intercambios de documentos empregarán o OpenDocument.
Máis información en <a=href="http://ww.osnews.com">OSNews .
[Ler máis]
3
73
Fonte: Open Source News – 16 June 2006 – Denmark – Policies and Announcements (http://ec.europa.eu/idabc/en/document/5650/469) |
Despois de semanas de quentes debates, o parlamento danés acadou unha resolución o desenvolvemento de estándares abertos para aplicacións públicas no ano 2008
O borrador de resolución sobre estándares abertos foi recopilada e presentada por Morten Helveg do partido Social Liberal. A moción acadou forte resistencia polo goberno do partido Liberal Conservador ata que o partido pro-gubernamental do Pobo Danés tamén posicionouse a favor do plan.
Despois de moitas negociacións entres os diferentes grupos parlamentarios, os membros do parlamento aprobaron a resolución só horas antes das vacacións de verán. "Dinamarca e agora unha nación con un mandato parlamentario favorable aos estándares abertos", escribiu John Gotze, un consultor independente Danés defensor do Software de Código Aberto.
A resolución parlamentaria conducira a adopción do formato de documento aberto (ODF) polos servizos do goberno Danés. O ministro de Ciencia, Tecnoloxía e Innovación elaborará un plano para que todolos documentos sexan dispoñibles en ODF para o mes de setembro de 2006.
ODF é tamen coñecido como o OASIS Open Document Format para aplicacións ofimáticas. Este formato de Documento Aberto pode usarse para almacenar e intercambiar documentos ofimáticos tales como follas de cálculo, bases de datos e presentacións. O estándar basease no formato de ficheiro XML creado orixinalmento por OpenOffice.org.
© European Communities 2006
Reproduction is authorised provided the source is acknowledged.
The views expressed are not an official position of the European Commission.
2.5
75 O ciclo de cursos formativos sobre renovación tecnolóxica nas empresas no Centro de Servizos Tecnolóxicos NODUS, organizados pola Concellería de Promoción Económica, Emprego e Comercio, que dirixe Eva Real, terá continuidade a próxima semana cun novo curso co título "Migración ó entorno linux. E esquécete de pagar licenzas".
O curso é totalmente gratuíto e o programa do mesmo, a súa duración e a data de comezo pode consultarse no propio complexo CEI-NODUS ou nas webs municipais: www.lugo.es e www.cei.lugo.es....
4
109
|
|
Para gardar unha coherencia na localización do OpenOffice.org utilizáronse ferramentas lingüísticas de procura en corpus terminolóxicos como o Corpus de referencia do OpenOffice.org.
Para posteriores revisións da suite ofimática de software libre e código aberto OpenOffice.org que algún tradutor ou localizador queira realizar poderá mediante esta ferramenta acceder a un corpus que contén perto de 650.000 palabras traducidas (interface e axuda do paquete ofimático) incluída a terminoloxía do campo da ofimática.
Deste xeito, procurando nela, todas aquelas novas versións e revisións realizadas por múltiplos tradutores gardarán unha coherencia terminolóxica, cuestión fundamental para a calidade final do produto.
É importante salientar que toda esta terminoloxía ofimática foi aprobada polo TERMIGAL, órgano avaliador e sancionador de toda a terminoloxía na Galiza.
Instrucións para a realización de novas localizacións de software:
Baixa os arquivos .po da versión do OpenOffice.org que queiras localizar www.openoffice.org
Compara os arquivos .po da versión última xa localizada en galego e extrae aqueles que falten por localizar.
Utiliza o Corpus de referencia do OpenOffice.org para procurar terminoloxía xa traducida.
Compila o OpenOffice.org a localizar cos novos ficheiros .po localizados para as diferentes plataformas (GNU/Linux, MS-Windows e Macintosh)
Libera os ficheiros .po para a comunidade.
Os ficheiros .po conteñen as cadeas localizadas ao idioma galego. Prema na seguinte ligazón para descargar os ficheiros .po do OpenOffice.org 2.0 localizado ao galego .
Para crear novas localizacións é necesario compilalos cos fontes do OpenOffice.org. Para elo terás que seguir as instrucións que se encontran no seguinte web
http://l10n.openoffice.org/L10N_Framework/iso_code_build2.html.
Se tes algún problema coa instalación, precisas axuda ou detectas algún erro temos habilitados varios foros específicos do OpenOffice.org en galego na Web de mancomun.org. Non dubides en participar e plantexar as túas cuestións.
Se queres enlazarnos desde a túa páxina podes descargar a imaxe do OpenOffice.org en galego:
Este traballo está suxeito a unha licenza LGPL (GNU Lesser General Public License). Para máis información sobre a mesma podes acceder á páxina Web sobre licenzas do OpenOffice.org.
Queremos recoñecer o traballo de todas as persoas, que en colaboración, contribuiron a ter a versión galega de OpenOffice.org 2.0, en concreto o traballo de Jorge Rivas, responsable das localizacións anteriores do OpenOffice.org, a Rubén Da Silva como coordinador oficial, así como a imaxin|software responsables da versión actual.
![]() |