5
156 
O Centro de Novas Tecnoloxías de Galicia (CNTG) acaba de publicar a súa oferta formativa para o período comprendido entre outubro de 2010 e xuño de 2011. Conscientes da importancia do FLOSS dentro da capacitación TIC dos profesionais galegos, o CNTG reforza a presencia do mesmo dentro do seu plan formativo.
[Ler máis]
2.8
188 
A Secretaría Xeral de Modernización e Innovación Tecnolóxica achega 30.000 euros á Universidade de Vigo para o desenvolvemento do Máster en Consultoría de Software Libre, organizado pola Escola Superior de Enxeñería Informática da Universidade de Vigo e correspondente ao curso 2010-2011.
Así se recolle no convenio de colaboración recentemente asinado pola Secretaria Xeral de Modernización e Innovación Tecnolóxica, Mar Pereira, e o Reitor da Universidade de Vigo, Salustiano Mato.
[Ler máis]
2.625
152
Como xa anunciamos no seu día, a VII Guadec Hispana terá lugar na Coruña os vindeiros días 22 e 23 de xullo, cita obrigada para todos aqueles interesados en coñecer as últimas novidades sobre o proxecto GNOME.
Para asistir a este congreso é imprescindible inscribirse previamente a través do formulario de rexistro habilitado ao efecto na web da VII Guadec. A inscrición é gratuíta e estará aberta ata o vindeiro día 18 de xullo, e dado que as prazas son limitadas dende a organización aconsellan darse presa en enviar a solicitude para non quedar sen praza.
Unha vez rematado o prazo de remisión de propostas e valoradas as mesmas, dende a organización publican o programa completo de relatorios, obradoiros e actividades para os dous días do congreso, pendente de pechar tan só o horario e distribución das mesmas. Este ano inclúe moitos temas de interese para coñecer como comezar a colaborar cunha comunidade de software libre como GNOME e moitas das últimas novidades do proxecto como a súa aplicación a tecnoloxías móbiles, estudos sobre a comunidade, melloras en accesibilidade, implicacións dos novos navegadores, soporte dos sistemas multitouch, etc
A continuación incluímos unha breve descrición do contido de cada un dos relatorios aceptados e incluídos no programa:
[Ler máis]
1.33333333333
171 A OSL da USC informa que o pasado 15 de xuño publicouse a versión 6.9 de NetBeans, e que pese a non dispoñer de todo o tempo que desexarían, acadaron que o nivel de tradución ao galego deste IDE (contorno gráfico de desenvolvemento) acadase o 50%. A tradución deste coñecido IDE, usado para desenvolver software en diversas linguaxes de programación, comezouse co gallo da I Edición do ETSE Open de SL do pasado ano, e en pouco máis dun ano pasou do 0% ao 50%.

3.11111111111
154
IBM en asociación con LISA (Localization Industry Standards Association), Welocalize, Cisco e Linux Solución Grupo eV (LiSoG) crearon un proxecto de código aberto que proporciona unha contorna de tradución empresarial moi completa dirixida aos tradutores profesionais.
Segundo un estudo de 2009 da Unión Europea, a taxa anual de crecemento da industria da lingua estimouse nun 10% como mínimo durante os próximos anos, resultando nun valor aproximado de 16,5 a 20 billóns de € en 2015. A misión de LISA é desenvolver estándares técnicos abertos para o proceso de globalización e facilitar os negocios internacionais. Conxuntamente cos líderes da industria, LISA está a anunciar o proxecto OpenTM2, que non só é unha implementación pública e aberta dun contorno de traballo para a tradución profesional que serve de referente no uso das actuais normas da industria da localización, tales como o TMX, senón que tamén ten como obxectivo proporcionar un acceso estandarizado a software de xestión do proceso de globalización. Esta iniciativa ofrécelle pois a LISA a oportunidade de revitalizar as normas da industria da localización cunha implementación aberta de referencia.
[Ler máis]
2
137
O proxecto OpenStreetMap (OSM) anunciou que a conferencia anual do “Estado do Mapa” terá lugar do 9 ao 11 de xullo en Girona, España.
OpenStreetMap é un proxecto de fonte aberta que constrúe mapas en liña libres, que non se basean nos datos de mapas con dereitos de autor. Fundado por Steve Coast en agosto de 2004 e xestionada pola Fundación OpenStreetMap, ata a data, o proxecto ten case 270.000 usuarios mundiais que fan máis de 7 000 edicións á hora.
O Estado do Mapa é o maior evento mundial da comunidade de OpenStreetMap. Os asistentes a esta conferencia terán a oportunidade de coñecer o movemento cartográfico global que está a cambiar o xeito de facer e empregar mapas, poderán participar en obradoiros, asistir a ponencias, ou relaxarse mentres coñece a OpenStreetMaperos de todo o mundo. É a ocasión perfecta para reunirse e coñecer ás persoas que manteñen os servidores, desenvolven os editores, deseñan a cartografía e algúns dos mapeadores máis adicados á causa.
[Ler máis]
1.75
177
Dende a Asociación Comunidade O Zulo avísannos de que as VII Xornadas de Software Libre, que como vos anunciamos no seu día terán lugar este sábado 26 de xuño, emitiranse en directo vía streaming a través do servizo Ustream.tv.
Segundo indican no seu anuncio, trátase dunha experiencia piloto, da que agardan ter "feedback", animándovos a que lles acheguedes os vosos comentarios, incidencias, suxestións ... a través de Twitter (hashtag #7XSL) ou Facebook.
As ligazóns para poder seguir as xornadas en directo publicaranas na súa web o sábado ás 11 da mañá.
Ustream.tv é a plataforma líder na emisión en directo interactivo de contidos a través da rede Internet. A diferencia de outras tecnoloxías anteriores, utiliza unha difusión "un a moitos", o que significa que o usuario pode transmitir ó público sen límite de tamaño.
[Ler máis]
2.66666666667
118
O Máster en Consultoría de Software Libre da Escola Superior de Enxeñería Informática inclúe un novidoso formato para a presentación do traballo de final de Máster. Este traballo consiste no desenvolvemento dun proxecto de empresa tecnolóxica, e a novidade é que o alumnado deberá presentar e defender o seu proxecto diante de posibles inversores. O tribunal que avaliará estas iniciativas estará formado tanto por profesores como por inversores.
Durante dous días, o 16 e 17 de xullo, os alumnos reuniranse cos inversores para convivir e intercambiar puntos de vista. Deberán presentarlles as súas ideas ata convencelos de que invistan diñeiro nelas. Durante a defensa dos proxectos, será tan importante o acto da exposición como a cea posterior cos inversores, o que obrigará ao alumnado a saber expresar e comunicar axeitadamente a súa idea aínda que se trate dunha cea de dúas horas con inversores que son xente da que precisan pero que lles resulta allea. É imprescindible ter a idea ben desenvolvida e traballada así como saber comunicala da forma máis elocuente posible para evitar que os inversores perdan o interese e decaia a súa atención.
[Ler máis]
2.5
130
A Conferencia Internacional de Software Libre, organizada pola Junta de Andalucía e a Junta de Extremadura en colaboración coas empresas máis importantes do sector, é un foro internacional para a presentación e difusión de aspectos técnicos, de aplicativos e de modelos de negocio en software libre. Logo xa de seis edicións, probablemente poida xa considerarse o evento europeo de maior relevancia relacionado coas tecnoloxías de fontes abertas. Este ano celebrarase en Málaga durante os días 27, 28 e 29 de Outubro.
Desta volta a conferencia presenta algunhas novidades con respecto á organización de anos anteriores, entre as que destacan:
Adicación do primeiro día da conferencia exclusivamente ao público profesional, é dicir, a persoas que desenvolven a súa actividade profesional en empresas privadas ou entidades públicas usuarias de tecnoloxía libre ou empresas do sector TIC. Os días 28 e 29 estarán, como sempre, abertos á participación do público en xeral.
Visión práctica da que se pretende dotar ao evento. É dicir este ano marcouse como un dos obxectivos ofrecer aos asistentes a oportunidade de visualizar as vantaxes derivadas da aplicación do software libre en ámbitos concretos,como as pequenas e grandes empresas, as administracións públicas ou as organizacións do sector social. Serán os propios actores clave nestes ámbitos quen expoñan as súas ideas, experiencias e os que axudarán a atopar as solucións máis adecuadas para cada tipo de actividade ou de negocio.
A Conferencia contará con sesións plenarias e con comunicacións doutro tipo que serán escollidas de entre todas as propostas recibidas. O prazo para o envío de propostas de comunicacións está aberto ata as 8:00 horas do vindeiro día 31 de Xullo.
[Ler máis]
4.07142857143
131
Roberto Brenlla informa que, desta volta, vai participar no Fórum Internacional Software Libre co relatorio "Sw Livre em Galicia: ejemplo de Comunidade, Políticas e Negócios".
Terá unha vez máis a oportunidade de representar a AGNIX, AGASOL, ASOLIF, e de promocionar Galicia nos eidos do SwL e a lusofonía.
Esta decimo primeira edición do FISL terá lugar entre os días 21 e 24 de xullo, no Centro de Eventos da Pontifícia Universidade Católica do Rio Grande do Sul, en Porto Alegre, Brasil.
Ademais da representación galega de Roberto Brenlla, está confirmada tamén a participación doutros principais expoñentes do FLOSS mundial. Así, estarán Scott Chacon, evanxelista de Git que traballa no proxecto GitHub; Wietse Venema, creador do Postfix; John Maddog Hall, prtesidente e fundador de Linux Internacional; Michael Hanselmann, administrador de sistemas para Google en Suiza ... Pódese ver a lista dos primeiros confirmados na web do evento.
O Fórum Internacional Software Libre (fisl) é considerado o maior encontro de comunidades de software libre de América Latina e tamén un dos maiores do mundo.
[Ler máis]