RSS enviar por correo-e Imprimir
Enviando o seu voto...
1 2 3 4 5

ZybaCafe, unha completa suite multiplataforma para a xestión de cibercafés

Publicado por Mancomún
Xoves, 23 de Novembro de 2006

http://www.mancomun.org/images/stories/zybacafe.png ZybaCafe (antes coñecido coma DireqCafe) é unha suite baseada en Software Libre para xestión de cibercafés.

 

ZybaCafe inclúe unha completa suite administrativa para o servidor, así como os clientes para xestionar o control do tempo sobre os clientes. Tamén inclúe unha potente arquitectura baseada en "plugins" que permite estender facilmente as funcionalidades da aplicación, así como a integración con outros tipo de aplicacións (CRM, contabilidade, etc.)...

A versión estándar usa como xestor de base de datos [[PostgreSQL]], pero segundo os propios desenvolvedores da aplicación, "portala a outros xestores non debería ser difícil".

A última versión é a 4.0.3 na que se melloraron moitos aspectos na interface de administración e do cliente, no soporte de impresión e tamén se amañaron algúns erros detectados na versión anterior.

 

Máis información:

A páxina web do autor da aplicación ZybaCafe 

Páxina da aplicación en GnomeFiles  

social bookmark now:blogmarksdel.icio.usdigg.comgoogle.comRedditscuttleSpurlstumbleupon.comTechnorati
Sindicación RSS Sindicación RSS: Novas