RSS enviar por correo-e Imprimir
Enviando o seu voto...
1 2 3 4 5

Xornadas técnicas de Software Libre na UDC

Publicado por Mancomún
Luns, 14 de Novembro de 2011

Cartel das Xornadas Técnicas de Software LibreA OSL da UDC organiza para os vindeiros días 21 a 25 de novembro de 16:30 a 20:30 unhas Xornadas Técnicas de Software Libre dirixidas fundamentalmente ao alumnado da Facultade de Informática das distintas titulacións así como outras carreiras técnicas.

O obxectivo das xornadas é formar aos asistentes nunha serie de ferramentas libres moi presentes na actualidade, ofrecendo formación especializada de cada unha delas ao mesmo tempo que difundir o coñecemento e o uso do software libre. As ferramentas coas cales se traballará nestas xornadas serán Python, Django, Android, GStreamer, LXC, Erlang, Haskell, Asterisk e LaTeX.

As xornadas terán lugar na Aula Libre da UDC, sita no Edificio Servizos Centrais de Investigación Andar -3 Campus de Elviña

O programa completo das xornadas poden consultar en PDF.

  • 21 de novembro de 2011: 16:30 a 18:30 Introdución a Python
  • 21 de novembro de 2011: 18:30 a 20:30 Introdución a Django
  • 22 de novembro de 2011: 16:30 a 18:30 Aplicacións con vídeo con GStreamer
  • 22 de novembro de 2011: 18:30 a 20:30 Sistema Virtual. LXC.
  • 23 de novembro de 2011: 16:30 a 18:30 Introdución a Erlang
  • 23 de novembro de 2011: 18:30 a 20:30 Introdución a Haskell
  • 24 de novembro de 2011: 16:30 a 18:30 Introdución a Android
  • 24 de novembro de 2011: 18:30 a 20:30 Introdución a Asterisk orientada á VOIP mediante SIP
  • 25 de novembro de 2011: 16:30 a 20:30 Introdución á edición de textos con LaTeX

Esta actividade é completamente gratuíta e os interesados só precisan inscribirse no formulario habilitado ao efecto.

Ofértanse 15 prazas que se cubrirán seguindo os seguintes criterios de prioridade:

  • Alumnos do Grao de Informática, Primeiro Ciclo de Enxeñaría Informática, Enxeñaría Técnica en Informática de Xestión e Enxeñaría Técnica en Informática de Sistemas.
  • Resto de alumnado de carreiras técnicas.
  • Profesorado de secundaria da rama tecnolóxica.
  • Orde de recepción de solicitudes.

A lista de admitidos publicarase o venres 18 de Novembro. Os admitidos tamén serán notificados no email que faciliten durante a inscrición

social bookmark now:blogmarksdel.icio.usdigg.comgoogle.comRedditscuttleSpurlstumbleupon.comTechnorati
Sindicación RSS Sindicación RSS: Novas