RSS enviar por correo-e Imprimir
Enviando o seu voto...
1 2 3 4 5

Xornadas de formación en software libre

Publicado por Mancomún
Martes, 29 de Setembro de 2009

Os vindeiros meses terán lugar unha serie de xornadas de difusión do software libre de carácter gratuíto e abertas á participación de toda a cidadanía.

As xornadas "Consume Software Libre, Consume Software Seguro" están organizadas pola Asociación de Centros Homologados co financiamento da Secretaría Xeral de Modernización e Innovación Tecnolóxica, do Plan Avanza, o Ministerio de Industria Turismo y Comercio e o Fondo Europeo de Desarrollo Regional.

Por outro lado o "Programa de seminarios de software libre, Informatízate" está organizado pola Asociación de empresarios discapacitados e financiado tamén pola Secretaría Xeral de Modernización e Innovación Tecnolóxica, polo Plan Avanza, o Ministerio de Industria Turismo y Comercio e o Fondo Europeo de Desarrollo Regional.

Consume Software Libre, Consume Software Seguro.

Estas xornadas repetiranse en 4 cidades galegas en distintos fins de semana. Cada unha delas se dividirá nun relatorio titulado Software libre e seguridade durante a tarde do venres e a celebración dun obradoiro teórico-práctico sobre software libre en galego durante a mañá do sábado. Mancomún colabora fornecendo copias do Galinux que serán repartidas entre todos os asistentes.

O calendario é o seguinte:

16-17 de outubro : Santiago de Compostela
Hotel Área Central, R/ parís 7c (fronte entrada supermercado)
tfno: 981 598 590

30-31 de outubro : Ferrol
Hotel Almirante, R/ maría 2
tfno: 981 369 790

6-7 de novembro : Ourense
Hotel Francisco II, R/ Bedoya 7
tfno: 988 366 268

13-14 de novembro
: Lugo
Gran Hotel de Lugo, R/ Ramón Ferreiro 21
tfno: 982 252859

Todos aqueles interesado en asistir a estas xornadas deberán confirmar a súa asistencia chamando ao teléfono correspondente á cidade onde desexen asistir.

Programa de seminarios de software libre, Informatízate.

Este programa tamén se realizará en 4 cidades galegas en horario de tarde e inclúe os seguintes seminarios, ao remate dos cales se entregará un diploma de asistencia:

  • Básico de OpenOffice.org: Writer ( 15 horas)
  • Navegación con Mozilla Firefox ( 15 horas)
  • Tratamento de fotos con GIMP ( 15 horas)
  • Creación e xestión dun blog ( 15 horas)

A celebración dos seminarios será en:

 

ACADEMIA ZETA - Plaza Recife, 5, A Coruña

ACADEMIA VANGARDA - Dr.Yáñez Rebolo 56 B, Lugo

ACADEMIA MANZANEDA - Rúa Benito Vicetto 11 Baixos

ACADEMIA ABRENTE - Praza de América, 1 1a Planta, Vigo

As prazas son limitadas e cubriranse por orde de inscrición. Para obter máis información ou para inscribirse é preciso chamar ao teléfono 981 277 222 e preguntar por Susana ou no correo electrónico: snavarro @ azetanet . com

social bookmark now:blogmarksdel.icio.usdigg.comgoogle.comRedditscuttleSpurlstumbleupon.comTechnorati
Sindicación RSS Sindicación RSS: Novas